O Reino armenio de Cilicia (armenio medio: Կիլիկիոյ Հայոց Թագաւորութիւն, Kiligio Hayoc' T'akavorut'iun), tamén coñecido como Armenia Cilicia (armenio: Կիլիկեան Հայաստան, Kilikyan Hayastan), Pequena Armenia, Armenia Menor ou Nova Armenia,Dale (1900), p. 8 e anteriormente coñecido como Principado Armenio de Cilicia (armenio: Կիլիկիայի հայկական իշխանութիւն), foi un estado armenio formado durante a Alta Idade Media por refuxiados armenios que fuxían da invasión selxúcida de Armenia.Der Nersessian (1969) , pp. 630-631 Estaba localizado na rexión de Cilicia ao noroeste do Golfo de Alexandretta, fóra das Terras Altas de Armenia (Grande Armenia) e era diferente do Reino de Armenia da antigüidade.

O reino tivo a súa orixe no principado fundado contra o 1080 pola dinastía rubénida, unha suposta rama da maior dinastía Bagratuni, que en varias épocas ocupara o trono de Armenia. A súa capital estaba orixinalmente en Tarso, e máis tarde trasladouse a Sis.Edwards (1987), pp. VII–XXXI, 3–288. Cilicia era un forte aliado dos cruzados europeos, e víase como un bastión da cristiandade en Oriente. Tamén serviu como punto focal para a produción cultural armenia, xa que Armenia propiamente dita estaba baixo ocupación estranxeira nese momento. A importancia de Cilicia na historia e na condición de Estado armenio tamén está testemuñada pola transferencia da sede do Catolicós da Igrexa Apostólica Armenia, líder espiritual do pobo armenio, á rexión.

En 1198, coa coroación do príncipe León II, da dinastía rubénida como rei de Armenia, a Armenia de Cilicia converteuse nun reino polo que pasou a ser León I, rei de Armenia.Kurdoghlian, Mihran (1996). Պատմութիւն Հայոց [History of Armenia] (in Armenian). Vol. II. Athens: Հրատարակութիւն ազգային ուսումնակաան խորհուրդի [Council of National Education Publishing]. pp. 43–44.Der Nersessian (1969) , p. 648 En 1226, a coroa pasou á dinastía rival,a Hetumida, a través do segundo marido de Isabel, filla de León, Hetum I. Mentres os mongois conquistaron vastas rexións de Asia Central e Oriente Medio, Hetum e os seus sucesores intentaron crear unha alianza armeno-mongol contra inimigos musulmáns comúns, sobre todo os mamelucos. Nos séculos XIII e XIV, os estados cruzados e o ilkhanato mongol desintegráronse, deixando ao reino armenio sen aliados rexionais. Despois dos incesantes ataques dos mamelucos en Exipto no século XIV, o reino armenio de Cilicia, entón baixo o dominio da dinastía Lusignan e sumido nun conflito relixioso interno, caeu finalmente en 1375.Ghazarian (2000), pp. 54–55

As relacións comerciais e militares cos europeos trouxeron novas influencias occidentais á sociedade armenia de Cilicia. Moitos aspectos da vida de Europa occidental foron adoptados pola nobreza, incluíndo a cabalería, as modas na roupa e o uso de títulos, nomes e idiomas franceses. Ademais, a organización da sociedade cilicia pasou do seu sistema tradicional para achegarse ao feudalismo occidental.Bournoutian (1997), pp. 283-290 Os propios cruzados europeos tomaron prestados coñecementos dos armenios, como elementos da construción de castelos e da arquitectura da igrexa. A Cilicia armenia prosperou economicamente, co porto de Ayas servindo como centro para o comercio leste-oeste.

As primeiras migracións armenias a Cilicia

Cilicia baixo Tigranes o Grande miniatura|221x221px|Mapa da zona durante o período do imperio selxúcida. En vermello, a máxima extensión deste; de diversos amarelos, os señoríos turcos e en verdes, os señoríos de orixe irania (alanos). A presenza armenia en Cilicia remóntase ao século I a.C., cando baixo Tigranes o Grande, o Reino de Armenia expandiuse e conquistou unha vasta rexión no Levante. No 83 a.C., a aristocracia grega da Siria seléucida, debilitada por unha cruenta guerra civil, ofreceu a súa fidelidade ao ambicioso rei armenio. Tigranes entón conquistou Fenicia e Cilicia, acabando efectivamente co Imperio Seléucida. A fronteira sur do seu dominio chegaba até Ptolemaida (actual Acre). Moitos dos habitantes das cidades conquistadas foron enviados á nova metrópole de Tigranakert (en latín: Tigranocerta). No seu apoxeo, o Imperio armenio de Tigranes estendeuse desde os Alpes Pónticos até Mesopotamia, e dende o Caspio até o Mediterráneo. Tigranes invadiu ao sueste ata a capital parta de Ecbatana, situada no actual oeste de Irán. No 27 a.C., o Imperio Romano conquistou Cilicia e transformouna nunha das súas provincias orientais.Ghazarian (2000), pp. 39–42

Migración masiva armenia baixo o Imperio bizantino Despois da división do Imperio Romano en metades no ano 395, Cilicia incorporouse ao Imperio Romano de Oriente, tamén chamado Imperio Bizantino. No século VI d.C., as familias armenias trasladáronse a territorios bizantinos. Moitos serviron no exército bizantino como soldados ou como xenerais, e ascenderon a destacados postos imperiais.Dedeyan (2008), pp. 79-83

Cilicia caeu ante as invasións árabes no século VII e incorporouse enteiramente ao califato ortodoxo ou califato Rashidun. Non obstante, o califato non logrou un punto de apoio permanente en Anatolia, xa que Cilicia foi reconquistada no ano 965 polo emperador bizantino Nicéforo II Focas. A ocupación polo califato de Cilicia e doutras áreas de Asia Menor levou a moitos armenios a buscar refuxio e protección máis ao oeste no Imperio Bizantino, o que creou desequilibrios demográficos na rexión. Para protexer mellor os seus territorios orientais trala súa reconquista, os bizantinos tiveron que realizar, en gran medida, unha política de transferencia masiva e traslado de poboacións nativas dentro das fronteiras do Imperio. Nicéforo expulsou así aos musulmáns que vivían en Cilicia, e animou aos cristiáns de Siria e Armenia a establecérense na rexión. O emperador Basilio II (976–1025) intentou expandirse cara o Vaspurakan armenio no leste, e á Siria dominada polos árabes cara ao sur. Como resultado das campañas militares bizantinas, os armenios estendéronse, dende Cilicia, por Capadocia e cara ao leste até as zonas montañosas do norte de Siria e Mesopotamia.Donal Stewart (2001), pp. 33–34.

A anexión formal da Grande Armenia ao Imperio Bizantino en 1045 e a súa conquista polos turcos selxúcidas 19 anos despois provocaron dúas novas ondas de migración armenia a Cilicia. Os armenios non puideron restablecer un estado independente na súa terra natal trala caída da Armenia Bagrátida, xa que permaneceron baixo ocupación estranxeira. Trala súa conquista en 1045, e no medio dos esforzos bizantinos para repoboar aínda máis o leste do Imperio, a inmigración armenia a Cilicia intensificouse e converteuse nun importante movemento sociopolítico. Os armenios chegaron a servir aos bizantinos como oficiais militares ou gobernadores, e recibiron o control de importantes cidades na fronteira oriental do Imperio bizantino.

Os selxúcidas tamén xogaron un papel importante no movemento da poboación armenia cara a Cilicia. En 1064, os turcos selyúcidas liderados por Alp Arslan avanzaron cara a Anatolia capturando Ani na Armenia dominada por bizantinos. Sete anos máis tarde, conseguiron unha vitoria decisiva contra Bizancio ao derrotar ao exército do emperador Romano IV Dióxenes en Manzikert, ao norte do lago Van. O sucesor de Alp Arslan, Malik-Shah I, expandiu aínda máis o Imperio Selxúcida e impuxo impostos severos aos habitantes armenios. Despois da solicitude do asistente e representante do Catholicos Gregorio II o Martirófilo, Parsegh de Cilicia, os armenios obtiveron un indulto parcial, pero os gobernadores sucesores de Malik continuaron cobrando impostos. Isto levou aos armenios a buscar refuxio en Bizancio e en Cilicia.

Algúns líderes armenios establecéronse como señores soberanos, mentres que outros mantivéronse, polo menos de nome, leais ao Imperio. O máis exitoso destes primeiros señores da guerra armenios foi Filaretos Brachamios, un antigo xeneral bizantino que estivo xunto a Romano IV Dióxenes en Manzikert. Entre 1078 e 1085, Filareto construíu un principado que se estendía desde Malatia ao norte até Antioquía ao sur, e desde Cilicia ao oeste ata Edesa ao leste. Convidou a moitos nobres armenios a establecérense no seu territorio e deulles terras e castelos.Bozoyan (2008), p. 68 Pero o estado de Filareto comezou a esborrallarse mesmo antes da súa morte en 1090, e finalmente desintegrouse en señoríos locais.Runciman (2002), p. 191

Así, ao remata-lo século XI, existían seis principados relevantes na zona:

Lampron (máis aló de Namrun, actual Camliyayla) e Babaron (Candir Kale), no extremo meridional das Portas Cilicias, baixo o control do antigo xeneral bizantino Oshin, fundador da dinastía Hetumida. No nordés, o principado de Constantino I de Armenia, fillo do señor das montañas Rubén I. O centro do seu poder eran as fortalezas de Partzapert e Vahka. Máis ao nordés aínda, fóra xa de Cilicia, estendíase o principado de Marash ou Maraş (a actual Kahramanmaraş), gobernado por Tatoul, un antigo dignatario bizantino. No leste de Maraş, o armenio Kogh Vasil dominaba as fortalezas de Raban (a actual Altınaşkale) e Kesoun, como vasalo dos selxúcidas. Ao norte deste, no alto Éufrates, tamén baixo soberanía selxúdica, atopábase o principado de Malatya (Melitene), gobernado por Gabriel, un dos antigos oficiais de Filareto Finalmente, máis aló de Malatya, estaba Edesa, dominada por Toros, outro oficial Filareto, e xenro de Gabriel de Melitene.

A dinastía Rubénida

Aparición da Armenia Cilicia miniatura|A baronía da Armenia Cilicia e a súa expansión (1080-1199) Un dos príncipes que chegou despois da invitación de Filareto foi Rubén I, que tiña estreitos vínculos co último rei armenio bagrátida, Gagik II. Rubén estivo xunto ao gobernante armenio Gagik cando foi a Constantinopla a petición do emperador bizantino. Porén, en lugar de negociar a paz, o rei viuse obrigado a cede-las súas terras armenias e vivir no exilio e, aos poucos, Gagik foi asasinado polos bizantinos.Kurkjian (1958), p. 202 En 1080, pouco despois deste asasinato, Rubén organizou un grupo de tropas armenias e sublevouse contra o Imperio bizantino. A el uníronse moitos outros señores e nobres armenios. Así, en 1080, as bases do principado independente armenio de Cilicia, e do futuro reino, foron postas baixo o liderado de Rubén e os seus descendentes chamáronse rubénidas (ou rubenianos).

Despois da morte de Rubén en 1095, o principado rubénida, centrado arredor das súas fortalezas, foi dirixido polo fillo de Rubén, Constantino I de Armenia; con todo, había varios outros principados armenios tanto dentro como fóra de Cilicia, como o dos hethumidas. Esta importante dinastía armenia foi fundada polo antigo xeneral bizantino Oshin, e estaba centrada ao suroeste das Portas de Cilicia.Runciman (2002), p. 192 Os hetumidas sempre loitaron cos rubénidas por acadar-la hexemonía en poder e influencia sobre Cilicia. Tamén houbo outros señoríos armenios e outros antigos xenerais de Filaretos tamén estiveron presentes en Marash, Malatia (Melitene) e Edesa; estes dous últimos situados fóra de Cilicia.Runciman (2002), pp. 195–201

Primeira cruzada miniatura|Balduíno de Boloña recibindo aos armenios. Durante o reinado de Constantino I tivo lugar a Primeira cruzada. Un exército de cristiáns de Europa occidental marchou por Anatolia e Cilicia camiño de Xerusalén. Os armenios de Cilicia conseguiron poderosos aliados entre os cruzados francos, cuxo líder, Godofredo de Bouillon, foi considerado un salvador dos armenios. Constantino viu a chegada dos cruzados como unha oportunidade única para consolidar o seu dominio de Cilicia eliminando os bastións bizantinos que quedaban na rexión.Kurkdjian (1958), pp. 213–226 Coa axuda dos cruzados, asegurouse Cilicia fronte os bizantinos e turcos, tanto mediante accións militares directas en Cilicia como mediante o establecemento de estados cruzados en Antioquía, Edesa e Trípoli.Kurdoghlian (1996), pp. 33–36. Os armenios tamén axudaron os cruzados; como describe o Papa Gregorio XIII na súa Ecclesia Romana: