Elena Rivo López, nada en Ourense en 1971, é unha economista e política galega.

Traxectoria Estudou Económicas na Universidade Complutense de Madrid. Doutora en Administración e Dirección de Empresas coa tese Creación de valor en la empresa familiar, del enfoque tradicional a la moderna concepción global (2002).«Las empresas familiares generan el 80% del empleo privado» É profesora asociada do Departamento de Organización de Empresas e Mercadotecnia da Universidade de Vigo dende 1999. Foi decana da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense (2013-2019). É vicerreitora do campus de Ourense.

Nas eleccións municipais de 2003 foi a número tres da candidatura do PPdeG ao concello de Ourense, e foi elixida concelleira. Foi concelleira de facenda. En xuño de 2023 foi nomeada conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade.Elena Rivo, una mujer próxima al mundo de la empresa que ha ejercido la gestión pública en la universidad

Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixida deputada por Ourense, pero dimitiu aos poucos días do seu escano, logo de ser destituída como conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de deputados da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia Ligazóns externas Ficha na Universidade de Vigo

Categoría:Economistas de Galicia Categoría:Profesores da Universidade de Vigo Categoría:Conselleiros da Xunta de Galicia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1971 Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Concelleiros de Ourense Categoría:Deputados da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Concelleiros de Galicia polo PPdeG Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid