Krigsseileren é un filme noruegués de 2022 escrito e dirixido por Gunnar Vikene. Foi escollido como candidato de Noruega para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse O filme baséase nas historias reais dos 30.000 mariñeiros civís noruegueses que participaron nos convois aliados durante a segunda guerra mundial. Conta a historia de dous mellores amigos de Bergen, un casado e outro solteiro, que en 1939 se uniron á mariña mercante norueguesa e vense obrigados a permanecer no mar durante a guerra, sen ningunha capacidade para comunicarse coas súas familias na Noruega ocupada. Mentres tanto, a muller do mariñeiro casado e os seus tres fillos soportan unha dura vida na ocupada Bergen, que tamén é bombardeada polos aliados.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Noruega propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 95ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua norueguesa Categoría:Filmes de Noruega Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes de Malta Categoría:Filmes ambientados en Noruega Categoría:Filmes rodados en Malta Categoría:Filmes baseados en feitos reais Categoría:Filmes sobre a segunda guerra mundial