Amador Díaz Penín, nado en Hannover en 1972, é un labrego e político galego.

Traxectoria Agricultor. Propietario de Patatas Ama, traballa nunha empresa de produtos agrícolas. É presidente da Asociación de Produtores de Pataca da Limia e presidente da Comunidade de Regantes Alta Limia. Nas eleccións municipais de 1999 foi candidato número 5 do BNG ao concello de Xinzo de Limia, foi elixido concelleiro e foi concelleiro de Cultura. Nas municipais de 2003 encabezou a lista do BNG e foi elixido concelleiro. Volveu encabezar a candidatura do BNG nas municipais de 2007 e 2011, e volveu ser elixido concelleiro. En marzo de 2012 abandonou o BNG e cesou como concelleiro."Los concejales de Xinzo consuman su adiós", La Voz de Galicia, Ourense, 16-5-2012, L6 Nas municipais de 2019 encabezou a candidatura de Alternativa por Xinzo de Limia (AXIL) que obtivo 2 concelleiros e apoiou a candidata do PSdeG-PSOE Elvira Lama Fernández. Nas municipais de 2023 volveu encabezar a candidatura de Alternativa por Xinzo de Limia (AXIL) e obtivo tres concelleiros, pero foi elixido alcalde Xinzo de Limia grazas ao apoio dos catro concelleiros do PPdeG.Amador Díaz, novo alcalde de Xinzo co apoio dos votos do PP

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Xinzo de Limia

Ligazóns externas “Pactar co PP? Faremos o mellor para Xinzo”, entrevista en DiariodoLimia. Entrevista a Amador Díaz Penín

Categoría:Alcaldes de Xinzo de Limia

Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Concelleiros de Galicia polo BNG Categoría:Nados en Hannover Categoría:Nados en 1972