Roberto Castro Rocamonde, nado en Touro, é un político galego.

Traxectoria Enxeñeiro Técnico Forestal pola Universidade de Santiago de Compostela (1996). Nas eleccións municipais de 2015 foi elixido concelleiro do BNG en Vedra. Porén, comezou a mostrar progresivamente máis proximidade con En Marea e nas municipais de 2019 encabezou no concello veciño de Touro a candidatura da Marea Veciñal de Touro (MVT), ó calor da polémica da mina de Touro, e obtivo 3 concelleiros.

Nas municipais de 2023 volveu a presentarse, nesta ocasión coa denominación de Movemento Veciñal de Touro, obtendo 4 concelleiros e sendo elixido alcalde co apoio do Partido Galego e do BNG, formando goberno co concelleiro do PG. En 2025, ante o novo proxecto de Explotación Mineiro de Cobre San Rafael, contratou a unha consultora ambiental para presentar un informe crítico co proxecto na defensa dos sectores turístico, agrogandeiro, forestal, e da industria da transformación alimentaria. En colaboración coa consultora, o Concello asesorou á veciñanza afectada polo proxecto mineiro na defensa dos seus dereitos e bens afectados. Logo do abandono do goberno dun concelleiro de Movemento Veciñal, Darío Rey, e do concelleiro do PG, o PPdeG presentou unha moción de censura en agosto de 2025 que fixo alcalde ao voceiro do popular Jesús Reboredo González grazas ao apoio do transfuga Darío Rey. Os motivos do abandono do concelleiro foron variados: a negativa do alcalde a negociar o plan pos levando a pleno proxectos de formigón e asfaltados en vez do prometido: centro de día, servizos e vivenda social; negativa do alcalde a recorrer o proxecto da mina como plan industrial estratéxico, xogando a dúas bandas para opter o máximo rédito electoral; non encargar analíticas dos ríos para demostrar a súa contaminación pola mina ou o abandono por parte da concelleira número 3 que xa alertara do fraude deste alcalde.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Touro

Ligazóns externas Roberto Castro Rocamonde

Categoría:Concelleiros de Galicia polo BNG Categoría:Alcaldes de Touro

Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia

Categoría:Nados en Touro