Aloito Nuniz (orixinalmente Aloytus Nuniz ou Alvitus NunizNo Chronicon Lusitanum aparece como Alvitus Nuniz e tamén como Aloytus Nunniz na documentación do Mosteiro de Celanova., en portugués: Alvito Nunes, en castelán: Aloíto Núñez; falecido en 1015 en Vermoim, foi un conde que gobernou o condado portucalense no século XI xunto con Tutadona Moniz, a viúva do conde Menendo II Gundisalviz falecido en 1008.
Traxectoria Probablemente era descendente de Vímara Pérez como neto de Aloito Lucídez e fillo de Nuno Aloitiz documentado en 959 (non confundir co seu fillo Nuno I Aloitiz). Aparece por primeira vez na documentación medieval no ano 985 cando confirma unha doazón do seu tío Tello Aloitiz.
En 1008, cando faleceu o conde Menendo II, Tutadona casou con Aloito, que xa era viúvo e tiña catro fillos. Isto seguramente foi para asegurar a lexitimidade e a continuación da dinastía de Vímara.
Durante as incursións dos viquingos, refuxiouse no castelo de Vermoim, en Vila Nova de Famalicão, onde posiblemente fose asasinado por eles:Era MLIV. VIII ides Septembris (ano 1015, 6 de setembro) veniunt Lormanes ad castellum Vermudii, quod est in prouincia Bracharensi. Comes tunc ibi erat Aluitus nuniz.Na Chronica Gothorum aparece que na Era MLIV. VIII ides Septembris (ano 1015, 6 de setembro) veniunt Lormanes ad castellum Vermudii, quod est in prouincia Bracharensi. Comes tunc ibi erat Aluitus nuniz. José Mattoso menciona ao historiador Rui de Azevedo que tras comparar algúns documentos do mosteiro de Moreira, conclúe que a incursión viquinga tivo lugar no ano 1015.O seu fillo Nuno I Aloitiz sucedeuno como gobernador do condado.
Familia Casou con Gontina ou GudinaEn 985, Segiredus presbiter, vendeu a súa herdanza en Villa Laginosa a Alloyttus e á súa muller Gudina. coa que tivo polo menos catro fillos:
Nuno I Aloitiz. (falecido en 1028) foi o marido de Ilduara Menendiz, filla do conde Menendo II Gundisalviz, que gobernou o condado portucalense tras a morte do seu marido. Segeredo Aloitiz, casado con Adosinda Arias e pai de Azenda Segereredez, muller de Diego Guterrez, pais de Ardiu Díaz, cuxa filla Urraca Froilaz casou co conde Pedro Froilaz de Traba. Pedro Aloitiz, que aparece na documentación medieval entre 1025 e 1070, abade en Guimarães. Loba Aloitiz, pagou o rescate aos viquingos por algunhas mulleres secuestradas por eles.
Notas
Referencias
Véxase tamén
Condado portucalense Primeiro Condado de Portucale Lista de condes de Portucale
Categoría:Condes de Portucale Categoría:Finados en 1016