Lunar Orbiter 3 foi unha sonda espacial da NASA lanzada o 5 de febreiro de 1967 mediante un foguete Atlas SLV-3 Agena D desde Cabo Cañaveral cara a Lúa.

Características Lunar Orbiter 3 foi unha sonda do programa Lunar Orbiter para fotografar a maior parte da superficie lunar cunha resolución de ata 1 metro de cara a facilitar o camiño para as alunizaxes do proxecto Apollo. Tamén levaba a bordo medidores de intensidade da radiación e de impacto de micrometeoritos.

Lunar Orbiter 3 foi inxectada nunha órbita cislunar, chegando á Lúa o 8 de febreiro e colocándose nunha órbita elíptica cun periapse inicial de 210,2 km (baixado ata os 55 km tras 25 órbitas) e un apoapse inicial de 1801,9 km, cunha inclinación de 20,9°.

O mecanismo de avance da película fotográfica mostrou algúns problemas, polo que decidiuse comezar a transmitir a terra as imaxes antes do previsto. O catro de marzo o motor do mecanismo de avance avariouse completamente, co que quedaron sen transmitir a cuarta parte das imaxes obtidas. En total a nave enviou 477 imaxes de alta resolución e 149 de media resolución. A nave foi estrelada contra a superficie da Lúa o 9 de outubro de 1967, usándose para probar técnicas de seguimento.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Programa Lunar Orbiter Atlas SLV-3 Agena D Lunar Orbiter 1 Lunar Orbiter 2 Lunar Orbiter 4 Lunar Orbiter 5

Categoría:Programa Lunar Orbiter