Olaia Sendón Ogando, nada en Ourense o 17 de marzo de 1978, é unha profesora, ilustradora e cineasta galega. Traxectoria Licenciouse en Comunicación Audiovisual pola UAB, DEA en Publicidade 2002. En 2002 empezou a traballar na Escola de Arte Antonio Faílde de Ourense para seguir de profesora na Escola de Imaxe e Son da Coruña. É tamén autora de documentais e pezas de videoarte presentes en diferentes concursos e festivais.
Fundou a produtora Ollo Birollo en 2007 para canalizar as súas producións.
É filla do fotógrafo Manuel Sendón.
Obra literaria Álbum ilustrado A crebeira Marabillas (2021). Vigo: Xerais, Pequeno Merlín. 48 páxs. ISBN 978-84-9121-988-0.
A fotógrafa Perpetua (2023). Vigo: Xerais, novela gráfica. 72 páxs. ISBN 978-84-1110-335-0. ePub: ISBN 978-84-1110-353-4. O pirata Bruno (2025). Cuarto de inverno. 40 páxs. ISBN 978-84-121604-3-7. Tras a mirada de José Suárez (2026). Vigo: Galaxia. 96 páxs. ISBN 978-84-1176-578-7.
Narrativa Nave (2024). Vigo: Xerais, Fóra de Xogo. 296 páxs. ISBN 978-84-1110-525-5. ePub: ISBN 978-84-1110-527-9. A Casa Grande (2025). Vigo: Xerais. 176 páxs. ISBN 978-84-1110-748-8. Finalista do Premio Xerais de novela.
Infantil
Buscaletras (2026). Vigo: Xerais. 88 páxs. ISBN 978-84-1110-784-6. Ilustracións da autora. Alén e o dragón (2026). Vilar de Barrio: Antela. 150 páxs. ISBN 979-13-88089-07-7.
Premios literarios II Certame literario Jaime Olmedo Limeses (2025), promovido por Avigal e Antela Editorial, pola novela infantil Alén e o dragón. Audiovisual Diario de cicatrices (2006). Proxectada no CGAC dentro de Curtocircuíto 06. Iogures comunicantes (2006).Gañadora do premio Curtas na Rede. Tiff 2006 (2006). Traballo interactivo que emprega o escáner como medio de expresión artística na docencia. Terceiro premio á innovación educativa outorgado pola Consellería de Educación.
A casa de Lola de Andrés (2007). Documental sobre a especulación inmobiliaria e a súa vinculación co desartello da memoria. Ficción publicitaria (2007). Peza feita para Arquitectos sin Fonteras dentro das Xornadas sen Barreiras. 1,2,3 Rodando (2008). Documental sobre as galescolas. Os fabulosos irmáns da luz (2008). A memoria do cine como espazo colectivo a través dos espazos que o acolleron. Catálogo de Galaxias Sociais (2010). Video que acompaña o disco Kosmogonías de Berrogüetto. Pequenas Superficies (2011). Proxecto multimedia, presentado o 25 de febreiro no Mercado de San Agustín na Coruña. Kaufland mo (2012). (instalación) 12 mostra internacional Gas Fenosa. Míjau (2014). Seleccionado en varios festivais. Kauflan (2014). Seleccionado en varios festivais. Petites superfícies (2014). Dispositivos post proxecto realizado por Idensitat dentro do seminario FAQ da Fundación Tapies. The Gaze of the Beachcomber (2014). Seleccionado para formar parte do Gstaad Festival (Dublín e Suíza) e do SeeMor festival (Gales) Kauflanders (2016). Directora.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina-blog da autora
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1978