Caminando Juntos (CJ) é un partido político español fundado pola antiga deputada de Vox Macarena Olona. Historia O partido fundouno Macarena Olona, antiga membro do partido ultradereitista Vox. Olona foi elixida deputada no Congreso español nas eleccións xerais de España de abril de 2019 , e deputada do Parlamento de Andalucía en 2022, eleccións na que foi candidata á Presidencia da Xunta de Andalucía.
Días após da investidura do Parlamento Andaluz, Olona anunciou o seu abandono da política, alegando "razóns de saúde". Tamén alegou que era parte dunha disputa interna en Vox e, sendo que a súa relación co liderado do partido empeorara, o cal provocou a súa saída. Anunciaría o seu novo proxecto político 11 meses máis tarde para concorrer ás Eleccións do 23 de xullo de 2023.
O partido rexistrouse legalmente o 31 de maio de 2023 ante Ministerio de Interior español. A dirixente do partido, Macarena Olona confirmou o 1 de xuño de 2023 que o seu proxecto Caminando Juntos concorrerá nas Eleccións Xerais de 2023 e que ela, como candidata, encabezaría a lista para a provincia de Granada.
Notas
Categoría:Partidos políticos de España