Susana Camba Castro, nada na Estrada o 9 de agosto de 1973, é unha política galega do BNG.

Traxectoria Teleoperadora, traballa no 112. En marzo de 2017 foi elixida membro da Executiva Nacional do BNG, onde exerce a función de coordinadora de relacións con movementos sociais.Susana Camba Castro: "Que a comarca estea na executiva axudará a pór as necesidades sobre a mesa" Faro de Vigo, 28/3/2017. Candidata do BNG ao concello da Estrada nas eleccións municipais de 2019, foi elixida concelleira e asumiu a portavocía en agosto logo da retirada do cabeza de lista Xosé Magariños.Susana Camba Castro: "O BNG sempre seguiu unha liña moi característica e é unha liña moi solitaria"

Notas

Categoría:Políticos do BNG Categoría:Concelleiros da Estrada Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Nados na Estrada

Categoría:Nados en 1973 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Sindicalistas da CIG