Ali Smith, nada en Inverness o 24 de agosto de 1962, é unha escritora, dramaturga, investigadora e xornalista escocesa. Sebastian Barry describiuna en 2016 como a "Nobel de Escocia que estamos esperando".

Traxectoria Smith naceu en Inverness o 24 de agosto de 1962, filla de Ann e Donald Smith. Os seus pais, de clase traballadora, posuían unha vivenda protexida. Entre o 1967 e o 1974, estudou a primaria na escola de St. Joseph RC e, até o 1980, foi a un instituto de secundaria de Inverness. Graduouse en Literatura e Lingua Inglesa pola Universidade de Aberdeen (1980-1985). No 1984, recibiu o premio Bobby Aitken Memorial da súa universidade, na categoría de Poesía.

Entre o 1985 e o 1990, estivo matriculada no Newham College de Cambridge, coa intención de facer unha tese de doutoramento sobre o modernismo estadounidense e irlandés. Porén, durante este período comezou a escribir obras de teatro, polo que abandonou os seus estudos.

Smith trasladouse a Edimburgo no 1990 para traballar como profesora de literatura escocesa, inglesa e estadounidense na Universidade de Strathclyde. Porén, no 1992 foi diagnosticada cunha síndrome de fatiga crónica, así que regresou a Cambridge para recuperarse.

Na súa mocidade, traballou a tempo parcial como camareira, guía turística, recepcionista na BBC ou redactora de publicidade.

Carreira Namentres estudaba en Cambridge, varias das súas obras foron representadas no Festival de Edimburgo e no Cambridge Footlights. Posteriormente, centrouse en escribir relatos e no seu traballo para o xornal The Scotsman. No 1995, publicou o seu primeiro libro, Free Love and Other Stories, unha colección de doce contos, co que gañou o premio da Saltire Society ó mellor debut do ano, e tamén o premio á mellor novela do Consello das Artes de Escocia. No 2009, doou o seu relato Last (xa publicado na rede polo Manchester Review) ao Proxecto "Ox-Tales" de Oxfam, catro escolmas de contos de máis de 30 autores e autoras do Reino Unido. O texto de Smith publicouse na colección titulada Fire.

Smith redactou artigos para diversos xornais, entre os que se atopan The Guardian, The Scotsman, New Statesman e o Times Literary Supplement.

Traballos

Novelas

Like (1997) Hotel World (2001) The Accidental (2005) Girl Meets Boy (2007) There But For The (2011) Artful (2012) How to Be Both (2014) Autumn (2016) Winter (2017) Spring (2019) Summer (2020) Companion Piece (2022)

Coleccións de historias curtas Free Love and Other Stories (1995). Other Stories and Other Stories (1999) The Whole Story and Other Stories (2003) The Firts Person and Other Stories (2008) Public Library and Other Stories (2015)

Obras Stalemate (1986), inédito, creado durante o Edinburgh Festival Fringe The Dance (1988), inédito, creado durante o Edinburgh Festival Fringe Trace of Arc (1989), creado durante Edinburgh Festival Fringe Daughters of England (1989-1990), inédito, Cambridge Footlights Amazons (1990), Cambridge Footlights Comic (1990), inédito, creado durante o Edinburgh Festival Fringe The Seer (2001) Just (2005)

Non ficción

Shire (2013), con imaxes de Sarah Wood: relatos e textos autobiográficos. Full Circle Editions.

Outros proxectos

Ali Smith colaborou co grupo escocés Trashcan Sinatras, escribindo a letra da canción "Half an apple". Publicouse o 5 de marzo do 2007, no álbum Ballads of the Book. No 2008, Smith editou The Book Lover, unha colección da súa literatura favorita, que inclúe pezas de Sylvia Plath, Muriel Spark, Grace Paley e Margaret Atwood, Joseph Roth ou Clarice Lispector. No 2008, escribiu o relato "Writ" para unha antoloxía promovida por Save the Children e editada por Arcadia Books: The Children's Hours. Publicouse traducida en Portugal, Italia, China e Corea do Sur. No 2011, escribiu unha breve autobiografía no xornal The Observer, dentro da serie "Érase unha vez unha vida". En outubro do 2011, Smith publicou The Story of Antigone, unha reescritura do clásico de Sófocles ilustrada por Laura Paroletti. Este texto é parte da serie Save the Stories de Pushkin Children's Books. En outubro do 2012, Smith deu un sermón na Catedral de Manchester, seguido dunha sinatura de libros. No 2013, publicou Artful, un libro baseado nas conferencias sobre literatura comparada europea que impartira o ano anterior no St Anne's College de Oxford. O 10 de setembro do 2015, foi nomeada Socia de Honra de Goldsmiths. En xullo do 2016, foi nomeada doutora honoris causa pola Universidade de East Anglia. Smith contribuiu á serie Refugee Tales. In 2016, Smith's story "The Detainee's Tale" was published by Comma Press in Refugee Tales Volume 1. En maio do 2021, publicou o relato "The final frontier" na nova revista The European Review of Books.

Vida persoal Smith vive en Cambridge coa súa parella, a directora de cine Sarah Wood.

Honras e recoñecementos En 2007, Smith foi elixida membro da Royal Society of Literature.< Tamén foi ordenada Comandante da Orde do Imperio Británico no 2015 polos seus servizos á literatura. A Universidade de Newcastle concedeulle un doutoramento honoris causa no 2019.

Premios literarios AnoObraPremioCategoríaResultadoRef2001Hotel WorldEncore AwardScottish Mortgage Investment Trust Book of the Year AwardBooker PrizeWomen's Prize for Fiction2005The AccidentalCosta Book AwardsCosta–NovelBooker PrizeWomen's Prize for Fiction2007Girl Meets BoyDiva magazine readers’ choiceLibro do anoSundial Scottish Arts CouncilNovela do ano2011There But For TheThe Guardian book reviewMellores novelas do ano—2012ArtfulGoldsmiths Prize2014How to Be BothWomen's Prize for FictionCosta Book AwardsCosta–NovelBooker PrizeGoldsmiths PrizeFolio Prize2016AutumnBooker Prize2020SpringEuropese Literatuurprijs2020SummerOrwell Prize

Notas

Categoría:Nados en 1962 Categoría:Escritores de Escocia Categoría:Nados en Inverness Categoría:Alumnos da Universidade de Aberdeen