Amaranthus deflexus é unha especie herbácea pertencente á familia das amarantáceas.
Descrición É unha especie cunha curta vida perenne ou anual. A planta pode medrar ata 0,5 m de altura. É unha planta perenne que normalmente está prostrada, que dentro do xénero pertence ao grupo de especies cuxo froito é indehiscente, diferenciándose dentro do grupo polos seus froitos lisos, sendo a semente moito máis pequena que a cavidade do froito. A maioría das flores son dímeras, dispostas en espigas terminais, e as follas son ovadas ou lanceoladas curtas.
Un híbrido natural de Amaranthus deflexus e Amaranthus muricatus foi descrito en Europa, e é coñecido como Amaranthus x tarraconensis.
Distribución
É nativa de Suramérica, na Arxentina, Chile e o Perú pero introduciuse en moitas rexións cálidas ou tépedas do planeta.
Hábitat
Crece mellor en zonas de maleza ou en hábitats perturbados.Distribución en Tropicos
Taxonomía Amaranthus deflexus foi descrito por Carl von Linné e publicado en Mantissa Plantarum 2: 295. 1771.
Etimoloxía
Amaranthus: nome xenérico que procede do grego amaranthos, que significa "flor que non murcha".
deflexus: epíteto latino que significa "virado, dobrado".en Epítetos Botánicos
SinonimiaGBIF Amaranthus deflexus
NOTA: Os nomes que presentan ligazóns son sinónimos noutras especies: Albersia deflexa Albersia prostrata Amarantellus argentinus Amaranthellus argentinus Amaranthus argentinus Amaranthus deflexus var. rufescens Amaranthus minor Amaranthus perennis Amaranthus prostratus Euxolus deflexus Euxolus deflexus var. ascendens Euxolus deflexus var. major Euxolus deflexus var. minor Euxolus deflexus var. rufescens Galliaria prostrata Glomeraria deflexa
Estudos
Neste traballo preséntase un estudo da anatomía das follas de especies de malas herbas de gran ocorrencia no Brasil: Amaranthus deflexus, Amaranthus spinosus, Alternanthera tenella e Euphorbia heterophylla, visando mellor comprensión das barreiras que cada especie impón á penetración dos herbicidas e outros compostos utilizados en aplicacións foliares.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Jepson Manual Treatment USDA Plants Profile Flora of North America: Taxonomic, Scientific, and Distribution Information CalPhotos Photo gallery
Categoría:Plantas descritas en 1771 Categoría:Amaranthus Categoría:Flora de Galicia