A tropa de trapo na selva do arco da vella (en ) é un filme español de animación en 3D de 2014 dirixido por Àlex Colls. Baséase na serie de animación A tropa de trapo que se emitiu en galego na TVG, e é o segundo filme baseado nestes personaxes, logo de A tropa de trapo no país onde sempre brilla o sol (2010).Àlex Colls estrena la pel·lícula d'animació infantil 'El cap de drap a la Selva de l'Arc de Sant Martí', ccma.cat, 29 de abril de 2014 Destinada a nenos entre dous e seis anos, o director declarou que quixo facer un filme que fose "a primeira experiencia que un neno pode ter no cinema".Àlex Colls: "Volíem que el film dels cap de drap fos la primera experiència que un nen pot tenir al cine sense monstres ni pors", ccma.cat, 30 de abril de 2014 Estreouse en galego.

Sinopse Ao igual que na serie, o filme está protagonizado por Mumu, Rita, Milo, Talalo, Olga e Alfred, un grupo de bonecos de trapo. Nesta historia, todos os personaxes senten a necesidade de axudar os animais que teñen moitas dificultades para sobrevivir. Por iso, organizan unha expedición solidaria que os levará até a selva do arco da vella. Alí terán que empregar o seu enxeño, coñecementos e esfozo para salvar o arco da vella, que simboliza os soños e os xogos.

Galardóns e omeamentos Estivo nomeado na 13ª edición dos Premios Mestre Mateo na categoría de mellor filme de animación, mais o premio levouno o filme Maimiño. Foi nomeado tamñen ao Premio Gaudí ao mellor filme de animación, mais o premio levouno Mortadelo y Filemón contra Jimmy el Cachondo."Mortadelo y Filemón contra Jimmy el Cachondo", Gaudí al filme de animación, teinteresa.es Tamén foi nomeado ao Goya ao mellor filme de animaciónLa tropa de trapo en la selva del arcoíris, al web dels premis Goya e ao mellor filme de animación nas Medallas do Círculo de Escritores Cinematográficos de 2014.

Notas

Categoría:Filmes de 2014 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes de 2014 con versión en galego