miniatura|180px| 55px 70px O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972. O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural. Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade na Arxentina, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. A Arxentina aceptou a convención o 23 de agosto de 1978, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.

Hai once sitios Patrimonio da Humanidade na Arxentina, e outros dez na lista tentativa. O primeiro sitio na lista foi o Parque Nacional Los Glaciares, na quinta sesión do Comité do Patrimonio Mundial, celebrada en Sydney, Australia, en outubro de 1981. O sitio máis recente enumerado foi o Parque Nacional Los Alerces, en 2017. Cinco sitios na Arxentina están catalogados polos seus bens naturais e seis por bens culturais. Compártense tres sitios con outros países: as misións xesuítas compártense co Brasil, os sitios do sistema viario incaico compártense con cinco países e obras de Le Corbusier con seis países.

Lista de lugares Patrimonio da Humanidade Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade Rexión: da Arxentina Ano da inclusión: na lista da UNESCO Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (I) a (VI) son culturais, mentres que de (VII) a (X) son naturais.

Nº Nome Imaxe Localización (provincia) Ano da inclusión Descrición01Parque Nacional Los Glaciaresalt=Glaciar Perito Moreno entrando no lago|150px Santa Cruz 1981 145; VII, VIII (natural) As formas do relevo do parque nacional demostran como o continuo avance e retroceso da glaciación no Cuaternario está a dar forma á paisaxe. O campo de xeo máis grande de América do Sur contén numerosos glaciares grandes que se alimentan nos lagos glaciares. O glaciar máis coñecido é o Perito Moreno (na imaxe) que desprende icebergs no lago Argentino.02Misións xesuíticas guaranís: San Ignacio Miní, Santa Ana, Nuestra Señora de Loreto e Santa María la Mayor (Arxentina), Ruínas de São Miguel das Missões (Brasil)*alt=Ruínas de San Ignacio Miní|150px Misiones 1984 275; IV (cultural) Nos séculos XVII e XVIII, os xesuítas construíron varias misións ao pobo guaraní. Os restos de cinco misións están catalogados como Patrimonio da Humanidade. A misión no Brasil foi listada só en 1983 e as catro na Arxentina engadíronse en 1984. As misións teñen diferentes trazados e están en diferentes estados de conservación, normalmente inclúen restos de igrexas e conventos, plantacións e fundacións de vivendas indíxenas. Na imaxe amósase a de San Ignacio Miní.03Parque nacional Iguazúalt=Iguazu Falls|150px Misiones 1984 303; VII, X (natural) O parque nacional céntrase arredor das espectaculares Cataratas do Iguazú (na imaxe), creadas polo río Iguazú que cae sobre as fervenzas de basalto que marcan a fronteira entre a Arxentina e o Brasil. A área circundante comprende a Laurisilva paranesa, unha parte da mata atlántica. O bosque é rico en biodiversidade, con máis de 2.000 especies de plantas vasculares e animais grandes como antas, oso formigueiro xigante, mono ouveador, ocelote, xaguar e caimáns. No sitio brasileiro, o Parque Nacional do Iguazú catalogouse como Patrimonio da Humanidade en 1986.04Cueva de las Manos, Río Pinturasalt=Cueva de las Manos|150px Santa Cruz1999 Cultural(III) A Cueva de las Manos, Río Pinturas, contén un conxunto excepcional de arte rupestre, executada hai entre 13.000 e 9.500 anos. Toma o seu nome (Cova das Mans) dos contornos pintados das mans humanas na cova, pero tamén hai moitas representacións de animais, como guanacos (Lama guanicoe), que aínda se atopan habitualmente na comarca, así como escenas de caza. Os responsables das pinturas puideron ser os devanceiros das comunidades históricas de cazadores-recolectores da Patagonia atopadas polos colonos europeos no século XIX".05Península Valdésalt=Lobo mariño suramericano|150px Chubut1999Natural(X)"A Península Valdés na Patagonia é un sitio de importancia mundial para a conservación dos mamíferos mariños. Alberga unha importante poboación reprodutora da balea franca austral en perigo de extinción, así como importantes poboacións reprodutoras de elefantes mariños e lobos mariños. As candorcas desta zona desenvolveron unha estratexia de caza única para adaptarse ás condicións costeiras locais".06Ischigualasto / Parque nacional Talampayaalt=Ischigualasto|150px San JuanLa Rioja2000Natural(VIII)"Estes dous parques contiguos, que se estenden por 2753 km² na rexión desértica na fronteira occidental das Serras Pampeanas do centro da Arxentina, conteñen o rexistro fósil continental máis completo coñecido do Período Triásico (hai 245–208 millóns de anos). Seis formacións xeolóxicas dos parques conteñen fósiles dunha ampla gama de devanceiros de mamíferos, dinosauros e plantas que revelan a evolución dos vertebrados e a natureza do paleoambientes no período Triásico".07Manzana e Estancias xesuíticas de Córdobaalt=Estancia Alta Gracia|150pxCórdoba2000"O bloque xesuíta de Córdoba, corazón da antiga provincia xesuíta de Paraguai, contén os edificios fundamentais do sistema xesuíta: a universidade, a igrexa e residencia da Compañía de Xesús e o colexio. Xunto ás cinco estancias, ou leiras agrícolas, conteñen edificios relixiosos e seculares, que ilustran o singular experimento relixioso, social e económico realizado no mundo durante un período de máis de 150 anos nos séculos XVII e XVIII".08Quebrada de Humahuacaalt=Cerro de los Siete Colores|150pxJujuy2003Cultural(II) (IV) (V)"A Quebrada de Humahuaca segue a liña dunha importante ruta cultural, o Camiño Inca, ao longo do espectacular val do Río Grande, desde o seu nacemento na fría meseta desértica das terras altoandinas ata a súa confluencia co río Leone uns 150 km ao sur. O val amosa evidencias substanciais do seu uso como importante ruta comercial nos últimos 10.000 anos. Presenta vestixios visibles de comunidades prehistóricas de cazadores-recolectores, do Imperio Inca (séculos XV ao XVI) e da loita pola independencia nos séculos XIX e XX.".09Qhapaq Ñan, sistema vial andino*alt=Camiños do Inca|150px Varios sitios2014Cultural(II) (III) (IV) (VI)"Este sitio é unha extensa rede inca de estradas para a comunicación, comercio e defensa, que abarca 30.000 km. Construída polos incas ao longo de varios séculos e baseada en parte en infraestruturas pre-incas, esta extraordinaria rede a través dun dos terreos xeográficos máis extremos do mundo unía os cumios nevados dos Andes, a unha altitude de máis de 6000 m: ata a costa, atravesando selvas tropicais quentes, vales fértiles e desertos absolutos. Alcanzou a súa máxima expansión no século XV, cando se estendeu por todo o cordal dos Andes. O sistema viario andino de Qhapac Ñan inclúe 273 sitios de compoñentes repartidos en máis de 6000 km que foron seleccionados para destacar os logros sociais, políticos, arquitectónicos e de enxeñería da rede, xunto coas súas infraestruturas asociadas para o comercio, aloxamento e almacenamento, así como lugares de importancia relixiosa".10Obra arquitectónica de Le Corbusier*150px|alt=Casa Curutchet, un edificio modernista de varios pisos Buenos Aires 2016 1321rev; I, II, VI (cultural) Este sitio transnacional (compartido con Bélxica, Francia, Alemaña, Suíza, a India e o Xapón) abarca 17 obras do arquitecto franco-suízo Le Corbusier. Le Corbusier foi un importante representante do Movemento modernista, que introduciu novas técnicas arquitectónicas para satisfacer as necesidades da sociedade cambiante. A Casa Curutchet (na imaxe) está listada na Arxentina.11Parque Nacional Los Alercesalt=Lago Futalaufquen|150px Chubut2017Natural(VII) (X)"O Parque Nacional Los Alerces está situado nos Andes do norte da Patagonia e ten un límite occidental, que coincide coa fronteira con Chile. As sucesivas glaciacións moldearon a paisaxe da rexión creando características espectaculares como morenas, circos glaciares e lagos de augas claras. A vexetación está dominada por densos bosques temperados, que dan paso a prados alpinos máis arriba baixo os cumes rochosos andinos. A propiedade é vital para a protección dalgunhas das últimas porcións do Bosque Patagón continuo nun estado case prístino e é o hábitat de varias especies de flora e fauna endémicas e ameazadas".12Museo da ESMA - Antigo Centro Clandestino de Detención, Tortura e Exterminioalt=Museo da ESMA|150px Buenos Aires2023Cultural(III) (VI)"O edificio actual do Museo da ESMA, cunha superficie de e situado no sitio de onde antes a Escola de Mecánica da Mariña, inaugurouse en 1946 como comedor de Oficiais. Neste edificio estaban os dormitorios dos oficiais de maior rango da Armada Arxentina, un pavillón illado rodeado de xardíns composto por un edificio principal con tres bloques perpendiculares subordinados, con sotos e un amplo ático. Entre 1976 e 1983, durante a última ditadura militar, as instalacións da ESMA foron parte fundamental do esquema represivo cuxo epicentro estaba neste edificio, onde se atopaba o Centro Clandestino de Detención, Tortura e Exterminio (CCDTyE). Aquí, a Mariña secuestrou, torturou e desapareceu a máis de 5.000 homes e mulleres. As graves violacións dos dereitos humanos, o plan sistemático de roubo de nenos nados en catividade e o exterminio dos presos que foron guindados vivos ao mar durante os chamados "voos da morte" fan deste edificio un símbolo do xenocidio acontecido no país. É unha proba incontrovertible do terrorismo de Estado que inflixiu unha violencia criminal extrema á sociedade en xeral".

Lista provisional Ademais dos sitios inscritos na Lista do Patrimonio Mundial, os estados membros poden manter unha lista de sitios provisionais que poden considerar para ser nomeados. Só se aceptan candidaturas para a Lista do Patrimonio Mundial se o sitio figuraba previamente na lista provisional. A Arxentina ten dez sitios na súa lista provisional.

+ Lista de sitios propostos Nome Imaxe Localización (provincia) Ano de inclusión DescriciónVal Calchaquí150px|alt=Vista da Quebrada de Cafayate15/11/2001Cultural(II) (III) (IV) (V) (VI)Parque nacional Sierra de las Quijadas150px|alt=Vista das serras deserticasSan Luis24/02/2005Natural(VII) (VIII) (IX)La Payunia, Campos Volcánicos Llancanelo e Payún Matrú150px|alt=Vista do volcán PayuniaMendoza18/04/2011Natural(VII) (VIII)Reserva Provincial Pehuén Co–Monte Hermoso, Xeolóxica, Paleontolóxica e Arqueolóxica150px|alt=Vista de Monte Hermoso preto Punta AltaBuenos Aires17/01/2014Mixto(III) (V) (VI) (VIII) (IX)Moisés Villealt=Escola de Moisés Ville|150pxSanta Fe29/06/2015Cultural(II) (III) (VI)"En 1889, Moisés Ville, situada na provincia de Santa Fe, Arxentina, foi o primeiro asentamento rural xudeu establecido no país. A primeira poboación foi un grupo de familias procedentes da rexión de Podolia, agora en Ucraína.