MATS, acrónimo de Mesospheric Airglow/Aerosol Tomography and Spectroscopy, é un satélite artificial de Suecia lanzado o 4 de novembro de 2023 mediante un foguete Electron desde Mahia (Nova Zelandia).

Características MATS foi deseñado para estudar a mesosfera terrestre e as nubes noctilocuentes mediante a medición das emisións do osíxeno atmosférica na banda do infravermello próximo, en lonxitudes de onda entre 759 e 767 nm, así como medindo a luz solar dispersada polas nubes noctilocuentes no ultravioleta (lonxitudes de onda entre 270 e 300 nm). O satélite leva dous instrumentos a bordo: a cámara para a observación do limbo e a cámara para a observación do nadir.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Electron (foguete)

Categoría:Satélites artificiais