Hedera hibernica é unha das especies do xénero Hedera nativa das costas atlánticas de Europa. miniatura|Bagas. miniatura|Flores miniatura|Hábito gabeador sobre un muro
Descrición Planta perenne moi vigorosa, non rizomatosa de hábito rastreiro ou gabeador, adhírese ás superficies por medio de raíces aéreas. Como todas as especies de Hedera, ten dúas formas de follas. As das ramas novas son estériles, xeralmente cordiformes ou palmadas; poden ser tamén afiadas, con 3 a 5 lóbulos —o central máis longo que os laterais—, con base truncada, de cor avermellada a verdoso e tricomas estrelados. As das ramas fértiles son enteiras —ás veces tamén trilobuladas—, xeralmente elípticas ou ovadas, ou mesmo lanceoladas, separadas por entrenós. Todas son de cor verde pardo a intenso, con nervios verdosos pouco prominentes. As inflorescencias terminais xorden en umbelas con 10-35 flores diminutas de cor amarela verdosa, con pétalos deltoideos e sépalos triangulares de cor castaña. Os froitos son pequenas bagas negro azuladas, ás veces dun verde escuro. Conteñen de 2 a 5 sementes.
Ten un número de cromosomas de 2n = 96.Hedera hibernica en Flora Vascular
Distribución e hábitat Orixinaria das costas atlánticas europeas, tanto noroccidentais como suroccidentais. Atópase naturalizada en Norteamérica.
O seu hábitat natural son os bosques húmidos e os tépedos caducifolios.
Cultivo e usos Cultívase amplamente como ornamental. Debido ao seu rápido e vigoroso crecemento, do mesmo xeito que o seu parente Hedera helix (a hedra común), considérase especie invasora nas zonas de Norteamérica que teñen invernos suaves e tende a invadir amplas zonas e mesmo afogar as plantas ás que se adhire para rubir.
Taxonomía Hedera hibernica foi descrita por (G.Kirchn.) Carrière e publicada en Revue Horticole 62: 163. 1890.
Etimoloxía
Hedera: nome xenérico dado á hedra.
hibernica: epíteto do grego antigo que significa "do inverno".En Epítetos Botánicos
Sinonimia
Hedera canariensis var. maculata (Hibberd) Hibberd Hedera grandifolia var. maculata Hibberd Hedera helix subsp. hibernica (G.Kirchn.) D.C.McClint. Hedera helix var. hibernica G.Kirchn. Hedera helix var. maculata (Hibberd) Rehder Hedera helix forma maculata (Hibberd) Tobler Hedera vegeta G.Nicholson Hedera vitifolia G.NicholsonSinónimos en Catalogue of life
Notas
Véxase tamén
Categoría:Plantas descritas en 1890 Categoría:Flora de Europa Categoría:Plantas invasoras Categoría:Hedera Categoría:Rubideiras de Galicia