A Manzana e Estancias xesuíticas de Córdoba son unha antiga redución Xesuíta construída por misioneiros na provincia de Córdoba, Arxentina, nomeada Patrimonio da Humanidade en 2000.

A Manzana xesuítica contén a Universidade de Córdoba, unha das máis antigas de América do Sur, a Escola Secundaria de Monserrat, unha igrexa e edificios residenciais. Para manter tal proxecto, os xesuítas operaron seis Estancias (residencias) ao redor das provincias de Córdoba, chamada Caroya, Jesús María, Santa Catalina, Alta Gracia, Candelaria e San Ignacio.The Estancia San Ignacio no longer exists, as it was reduced to rubble.

A herdade e o complexo, iniciados en 1615, tiveron que abandonarse polos xesuítas, tras o decreto de supresión dos xesuítas de 1767 do rei Carlos III de España que os expulsou do continente.Manfred Barthel. The Jesuits: History and Legend of the Society of Jesus. Translated and adapted from the German by Mark Howson. William Morrow & Co., 1984, pp. 223-4. Despois foron dirixidos polos Franciscanos ata 1853, cando os xesuítas regresaron a As Américas. Con todo, a universidade e o instituto foron nacionalizados un ano despois.

Cada Estancia ten a súa propia igrexa e conxunto de edificios, arredor dos cales creceron pobos, como Alta Gracia, a máis próxima á Manzana. A Manzana xesuíta e as Estancias poden ser visitados polos turistas; o Camiño das estancias xesuítas ten unha lonxitude aproximada de 250 km..

Alí viviu Jorge Mario Bergoglio, que máis tarde sería o Papa Francisco.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Patrimonio da Humanidade na Arxentina

Ligazóns externas Jesuit Block and Estancias of Córdoba - Oficina Arxentina de Turismo Estancias Xesuíticas Images of the Estancias - Goberno de Córdoba Jesuitic institutions in Argentina

Categoría:Patrimonio da Humanidade na Arxentina Categoría:Parques nacionais da Arxentina