MightySat-2 ou MightySat-2.1 foi un satélite artificial da Forza Aérea dos Estados Unidos usado para facer diversos experimentos no espazo, continuando a misión de MightySat-1. Foi lanzado o 19 de xullo de 2000 mediante un foguete Minotaur 1 desde a base Vandenberg da Forza Aérea.
Características MightySat-2 foi orixinalmente denominado MightySat-2.1 ao ser o primeiro membro da serie de satélites MightySat-2, antes de que os demais satélites fosen cancelados. Cunha masa de 130 kg, levaba a bordo varios experimentos para demostrar novas tecnoloxías:
SAC, un experimento con células solares. NSX, para probar unha unidade de comunicacións ultralixeira. MFCBS, para probar unha estrutura multifuncional a base de composites. FTHSI, unha cámara para obter imaxes hiperespectrais mediante transformada de Fourier. QS40, para monitorizar danos producidos pola radiación en compoñentes electrónicos. SMATTE, un experimento de materiais. SAFI, un experimento para reducir o peso en compoñentes usando arames de cobre inseridos en películas de composite.
O satélite usou o bus SA-200B e reentrou na atmosfera o 12 de novembro de 2002.
Notas
Outros artigos MightySat-1
Categoría:Satélites artificiais