O Consello de Todas as Terras ou Aukiñ Wallmapu Ngulam en lingua mapuche (AWNg) é unha organización indixenista que persegue a autodeterminación do pobo mapuche, nación "preexistente" ao estado chileno. O seu líder é o werkén Aucán Huilcamán.
Historia O Consello ten a súa orixe na «Comisión 500 anos de resistencia», formada en 1989 como unha escisión de Admapu, a principal organización mapuche de oposición á ditadura militar durante a década de 1980. A Comisión compúxose en parte de exmembros do conxunto político de Admapu, que rexeitaban o achegamento desta organización cara aos partidos da Concertación de Partidos pola Democracia. En particular, rexeitouse a participación de Admapu no Acordo de Nova Imperial de 1989, e en xeral o proceso de negociación institucional que desembocou na promulgación da Lei Indíxena de 1993.
A Comisión pasou a chamarse Consello de Todas as Terras en 1990.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Christian Martínez Neira (2009). "Transición a la democracia, militancia y proyecto étnico. La fundación de la organización mapuche Consejo de Todas las Tierras (1978-1990)", en Estudios Sociológicos, Vol. XXVII, número 80, maio-agosto.
Categoría:Organizacións polos dereitos indíxenas Categoría:Organizacións mapuches Categoría:Conflito mapuche