José González Tesouro, coñecido como Machadiña, nado en Paderne de Allariz cara a 1881 e finado en Ourense o 11 de outubro de 1937, foi un labrego e político galego.

Traxectoria

Veciño de Ousende (Coucieiro). Na República foi vogal da Agrupación Socialista de Paderne en 1932,La Lucha, 9-1-1932, p. 8. e directivo da Sociedade de Oficios Varios de Ousende, era un dos homes de confianza de Benigno Álvarez.Rosa Blanco Lamela Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo agochado na casa de Rosa Blanco Lamela en Ourense e foi detido o 4 de abril de 1937. “... en defensa de su Dios y su Patria”. A milicia ourensá dos Caballeros de Santiago Foi xulgado en consello de guerra por auxilio á rebelión o 23 de xullo de 1937 con Etelvino Gil Mejuto e Rosa Blanco Lamela,La Región, 24-7-1937, p. 3. e condenado á pena de morte. Foi executado no Campo de Aragón o 11 de outubro de 1937 xunto con José Fernández Pérez, Severino Nóvoa Gutiérrez, Enrique Nanín Ansias e Gerardo Rodríguez Fernández.La Región, 12-10-1937, p. 3. Incoáronlle expediente de responsabilidades políticas, que foi sobresido en 1949.BOE, 21-11-1949, p. 2623. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Expediente de responsabilidades políticas de José González Tesouro e Rosa Blanco Lamelas

Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Paderne de Allariz Categoría:Nados en 1881

Categoría:Finados en 1937