O AD Navyplane foi deseñado polo Departamento de Aire do Almirantado Británico como avión de recoñecemento para ser usado na primeira guerra mundial. O rendemento do prototipo foi tan decepcionante que os plans para producilo canceláronse case inmediatamente.

O Navyplane foi deseñado por Harold Bolas do Almirantado coa asistencia def R.J. Mitchell de Supermarine. Era un hidroavión biplano pusher co piloto e o observador sentados diante das ás nunha góndola aerodinámica e lixeira montada no espazo entre as ás. Detrás deles instalouse un motor radial Smith Static e unha hélice en posición pusher.Andrews e Morgan 1987, p.25

O Royal Naval Air Service (RNAS) pediu dous exemplares en 1916.Andrews e Morgan 1987, p.26 Asignaronse números de serie para sete Navyplanes (9095-'96, N.1070-'74) pero só se completou un prototipo (9095).Bruce 1957, p.9 As probas con este aparello construído por Supermarine comezaron en agosto de 1916 (voado polo Tenente Comandante John Seddon) pero demostrou estar moi falto de potencia e ser insatisfactorio. O motor foi substituído por un motor xiratorio AR.1 (que despois foi redesignado BR.1 por Bentley Rotary 1) e volveu a probarse en maio de 1917. Porén, incluso sen carga militar e observador, o rendemento do Navyplane seguia sendo pobre,Mason 1994, p.65 e o deseño foi abandonado o 27 de agosto dese ano sen que se construíse un segundo prototipo.

Supermarine intentou deseñar unha versión mellorada para substituír o Short 184. O deseño resultante foi o Supermarine Patrol Seaplane, equipado cun motor de 200 hp (149 kW) Sunbeam. Aínda que conseguiu contratos por seis avións, Supermarine abandonou os traballos despois de fabricar un prototipo, ao demostra o Short 184 ser axeitado para o rol de patrulla marítima.

Especificacións Datos de British Aeroplanes 1914-18Bruce 1957, pp. 8-9

Características xerais

Tripulación: 2

Rendemento

Duración: 6 hr Tempo a altitude: 30 min ata os 610 m

Armamento

Armas: 1 metralladora Lewis de 7,7 mm en soporte flexible para o observador Bombas: provisión para bombas

Notas

Bibliografía

Andrews, C. F., and Morgan, E. B. Supermarine Aircraft since 1914. Londres: Putnam, 1987, . Bruce, J.M . British Aeroplanes 1914-18. Londres: Putnam, 1957. Mason, Francis K. The British Bomber since 1914. Londres: Putnam, 1994. .

Categoría:Aeronaves de Supermarine Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1916