Wamba é un concello e localidade de España, na provincia de Valladolid, comunidade autónoma de Castela e León. Atópase na parte suroriental da comarca dos montes Torozos. Limita cos concellos de Peñaflor de Hornija, Villanubla, Ciguñuela, Valladolid (por un enclave do seu termo municipal), Castrodeza e Torrelobatón.
Xeografía
Demografía
Toponimia Wamba é a única localidade de España cuxo nome comeza pola letra uve dobre. O seu nome provén do rei godo Wamba, que foi elixido rei nesa localidade no ano 672. Daquela chamábase Gérticos e o rei Recesvinto tiña nela unha vila de descanso. Ao morrer Recesvinto na devandita vila, os nobres elixiron a Wamba ese mesmo día.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de concellos de Valladolid
Categoría:Concellos da provincia de Valladolid