Os bambús, coñecidos cientificamente como a subfamilia Bambusoideae, son plantas anxiospermas perennes da familia herbácea das poáceas. Moitas variedades miden menos de 1 m de longo e con talos (culmos) de medio centímetro de diámetro, aínda que tamén existen os bambús xigantes: duns 25 m de alto e 30 cm de diámetro. Hainos herbáceos e leñosos, cespitosos e máis expansivos, e hainos rubideiros.
En Galicia está catalogada como especie exótica invasora.Fichas identificativas de Especies exóticas invasoras
Descrición Bambusoideae posúe tanto plantas herbáceas como leñosas, e están presentes de maneira natural en todos os continentes fóra de Europa e a Antártida. Presentan dous tipos de follas: a) das ramas, que son verdes e pseudopecioladas e b) do talo que son cafés, basais e coriáceas. Presentan 3 lodículas e un androceo con 6 estames, raramente de 2 a 14. O ovario contén 2 ou 3 estigmas, raramente 1. A primeira folla das plántulas non presenta lámina. Os números cromosómicos básicos son x=7 e x=9 a 12. Inclúe 126 xéneros con aproximadamente 970 a 1200 especies tropicais.
A diversificación dentro de Bambusoideae ocorreu hai 30 a 40 millóns de anos. Os bambús leñosos forman un grupo monofilético irmán do clado que contén as especies herbáceas. Os bambús leñosos teñen talos de até 25 metros de altura. A floración en moitas destas especies tamén é infrecuente, xa que ocorre en ciclos moi variables, mesmo se informa dunha especie que o fai cada 120 anos. Aínda cando os talos individuais viven por só unha ou unhas poucas décadas, algunha forma de «reloxo xenético» que fai que moitas veces os talos florezan todos ao mesmo tempo en todo o rango de distribución da especie, levándose a cabo unha floración de tipo gregario, noutras especies a floración pode ser de tipo esporádico onde só uns cantos talos poden producir flores.
Usos O bambú é unha planta que desempeñou un papel importante no desenvolvemento de determinadas culturas coas que conviviu mutuamente. Culturas como a asiática empregaron o bambú en áreas tan diversas como a construción, a alimentación e mesmo na confección de tea e papel.
Alimentación. Medicamento. Construción. Téxtil. Papel. Instrumentos musicais. Biomasa. Remos. Escritura.
Debido á gran diversificación de especies e ao amplo espectro de usos que viran en torno ao bambú, algunhas rexións onde non era común o seu crecemento atópanse introducindo o cultivo como unha alternativa ante a crecente necesidade do uso de fontes renovables. Outras rexións do planeta tales como Australia e os Estados Unidos, atópanse realizando grandes extensións de cultivos de bambú.
Algunhas marcas como Toyota, Apple e Lexus utilizan o bambú como substituto dalgúns dos compoñentes que forman parte dos seus produtos, dotándoos dalgunhas das calidades implícitas desta planta. miniatura|O bambú no Caribe.
Taxonomía A taxonomía do grupo está en desenvolvemento: unha aproximación, a do Germplasm Resources Information Network, divide o taxon en dúas supertribos:
Supertribo: Bambusodae Xéneros: Acidosasa Actinocladum Alvimia Ampelocalamus Apoclada Arthrostylidium Arundinaria Athroostachys Atractantha Aulonemia Bambusa Bonia Borinda Brachystachyum Cathariostachys Cephalostachyum Chimonobambusa Chimonocalamus Chusquea Colanthelia Criciúma Cyrtochloa Davidsea Decaryochloa Dendrocalamus Dinochloa Drepanostachyum Elytrostachys Eremocaulon Fargesia Gaoligongshania Gigantochloa Glaziophyton Greslania Guadua Hibanobambusa Hickelia Himalayacalamus Hitchcockella Holttumochloa Indocalamus Indosasa Kinabaluchloa Maclurochloa Melocalamus Melocanna Menstruocalamus Merostachys Myriocladus Nastus Neomicrocalamus Neurolepis Ochlandra Olmeca Oreobambos Otatea Oxytenanthera Perrierbambus Phyllostachys Pseudobambusa Pseudosasa Pseudostachyum Pseudoxytenanthera Racemobambos Rhipidocladum Sasa Schizostachyum Semiarundinaria Shibataea Sinobambusa Soejatmia Sphaerobambos Teinostachyum Thamnocalamus Thyrsostachys Valiha Yushania Supertribo: Olyredae Xéneros: Agnesia Arberella Buergersiochloa Cryptochloa Diandrolyra Ekmanochloa Eremitis Froesiochloa Lithachne Maclurolyra Mniochloa Olyra Pariana Parodiolyra Piresia Piresiella Raddia Raddiella Rehia Reitzia Sucrea
Segundo GRINUSDA, ARS, National Genetic Resources Program. Germplasm Resources Information Network - (GRIN) [Base de Datos en Liña]. National Germplasm Resources Laboratory, Beltsville, Maryland. URL: http://www.ars-grin.gov/cgi-bin/npgs/html/family.pl?1465 (23 de novembro de 2013)
Arundinarieae Bambuseae Olyreae
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Economía de bambú Os catro nobres "Bambú" da sorte "Bambú" equisetum
Categoría:Fibras vexetais Categoría:Plantas invasoras