Helichrysum petiolare é unha planta da familia das asteráceas. É orixinaria de Suráfrica e usada polos sangomas para comunicar cos seus devanceiros.

En Galicia está catalogada como especie exótica invasora.Fichas identificativas de Especies exóticas invasoras miniatura|Vista da planta. miniatura|Detalle das follas.

Descrición Helichrysum petiolare é unha planta de Suráfrica de folla perenne, cunha gran follaxe; ten follas grises acorazonadas e talos cubertos de pelos brancos parecidos a unha arañeira. É un subarbusto sarmentoso que forma densos montículos de 60 cm, ou máis, de alto e 1,8 m, ou máis, de ancho, con talos novos que brotan dunha rede de rizomas. Está ben adaptado ao sol ou á sombra e ás condicións de seca. As flores que só dá ocasionalmente non son vistosas.

Usos Algúns cultivares como "Variegatum" que presenta un xaspeado de cor crema, danse mellor á sombra e é unha gran planta estival en xardíns de climas fríos.

Taxonomía Helichrysum petiolare foi descrita por Hilliard & B.L.Burtt e publicada en Notes from the Royal Botanic Garden, Edinburgh 32(3): 357–358. 1973.

Etimoloxía

Helichrysum: nome xenérico que deriva do grego antigo ἕλιξ helix = "retorto" e χρυσός crisós = "ouro".

petiolare: epíteto latíno que significa "con peciolos"En Epítetos Botánicos

Sinonimia

Helichrysum petiolatum (L.) DC.Helichrysum petiolare en The Plant List

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Flora of North America Editorial Committee, e. 2006. Magnoliophyta: Asteridae, part 6: Asteraceae, part 1. Fl. N. Amer. 19: i–xxiv, 1–579. Gibbs Russell, G. E., W. G. M. Welman, E. Retief, K. L. Immelman, G. Germishuizen, B. J. Pienaar, M. Van Wyk & A. Nicholas. 1987. List of species of southern African plants. Mem. Bot. Surv. S. Africa 2(1–2): 1–152(pt. 1), 1–270(pt. 2).

Categoría:Plantas descritas en 1973 Categoría:Plantas ornamentais Categoría:Helichrysum Categoría:Plantas invasoras