Domingo Batet Mestres, nado en Tarragona o 30 de agosto de 1872Raguer Suñer (1994), p. 21 e finado en Burgos o 18 de febreiro de 1937, foi un militar español, xeneral de división do Exército de Terra. Desempeñou un papel moi destacado no fracaso da insurrección da Generalitat o 6 de outubro de 1934. Tras negarse a secundar o Golpe de estado de xullo de 1936 en Burgos, foi condenado por un tribunal militar e fusilado polo Bando sublevado.Mestre i Campi 1998, p. 111

Traxectoria

Carreira militar Ingresou na Academia Xeral militar de Toledo en 1887.Raguer Suñer (1994), p. 30 En 1895 partiu como tenente voluntario á Guerra de Cuba (1895-1898),Raguer Suñer (1994), p. 32 onde ao ano seguinte, tras participar en máis de corenta accións bélicas con vinte e unha mencións especiais,Raguer Suñer (1994), p. 36 foi ascendido a capitán por méritos de guerra.Raguer Suñer (1994), p. 37 En 1897 volveu a España, continuando os estudos militares. En 1909, foi ascendido a comandante,Raguer Suñer (1994), p. 52 en 1919 a coronelRaguer Suñer (1994), p. 56 e en 1925, a xeneral de brigadaRaguer Suñer (1994), p. 94 e destinado a Alacant, e posteriormente a Tarragona, a súa cidade natal.

Expediente Picasso No 1922, xunto con outro coronel e 3 tenente coroneis, foi nomeado xuíz dos procedementos motivados polo denominado expediente Picasso tras o chamado Desastre de Annual;Raguer Suñer (1994), p. 62 porén, intentou dimitir do cargo por pensar que os feitos debían seren xulgados por xuíces do corpo militar do exército,Raguer Suñer (1994), p. 63 pois entendía que esa ausencia podería ser causa de nulidade de todo o proceso.

Durante a súa estancia en Melilla, observa a penosa situación moral e o comportamento de gran parte dos mandos e chega a escribir un amplo informe no que reproduce abusos e feitos delictivos e no que se queixa da escasa colaboración do Alto Comisariado para reunir a información para o chamado expediente Picasso.Raguer Suñer (1994), p. 64 No seu informe, denuncia a varios altos mandos do exército español en Marrocos, como o coronel Riquelme ou o coronel Salcedo e, igualmente, outros altos mandos como Franco ou Millán Astray non quedaron moi ben parados e dos que chega a dicir:

Ditadura de Primo de Rivera Ao se producir o golpe de Estado, Batet estaba ao mando un rexemento en HuescaRaguer Suñer (1994), p. 86 e, nos primeiros momentos da ditadura de Primo de Rivera, aceptou o novo réxime ostentando diversos cargos e realizando diferentes servizos, como dirixindo a Escola Central de Tir ou traballando, nela, nos cursos preparatorios para oficiais, ou formando part da comisión para escoller o fusil ametrallador regulamentario do exército.Raguer Suñer (1994), p. 93 Con todo, en 1926 foi detido e procesado acusado de complicidade no intento de alzamento militar contra a ditadura coñecido como a Sanjuanada, mais o Consello Superior de Guerra absolveuno.

Segunda República Ao ser proclamada en 1931 a República, atopábase destinado en Mallorca. En xullo de 1931 substituíu o xeneral López Ochoa como capitán xeneral de Cataluña e xeneral en xefe da IV División Orgánica en Barcelona, cando este foi relevado por discrepancias co ministro da Guerra, Manuel Azaña. Durante a súa permanencia neste destino distinguiuse polo seu acatamento da autoridade civil, o respecto ao réxime autonómico catalán e a prudencia con que actuou nas tensións entre algúns sectores militares e a nova administración autonómica. miniatura|Domingo Batet en Tortosa (Mundo Gráfico, nº 1049, 8 de decembro de 1931). Ao producirse a insurrección da Generalitat o 6 de outubro de 1934, Lluís Companys cominouno a que se puxese ás ordes da Generalitat. Con todo, Batet púxose en contacto co presidente do Goberno Lerroux, quen lle ordenou que declarase o estado de guerra. Tras diferentes disturbios co resultado de tres mortes, o exército, comandado por Batet tomou a praza de San Jaume. O xeneral parlamentou con Enric Pérez Farrás, á cabeza dos Mossos d'Esquadra, para que abandonasen as armas. Aquel non se rendeu e os Mossos comezaron a disparar contra as tropas, producindo varías mortes e feridos. Daquela, os canóns do exército dispararon contra o palacio da Generalitat de Cataluña. Tras cinco horas, os insurrectos comandados polo coronel Frederic Escofet rendéronse e foron feitos prisioneiros. Todo o suceso rematou con poucas baixas (40 mortos), malia que Franco desprazara unha frota cun Terzo da Lexión para rematar coa insurrección pola forza.Rivera Chamorro (2020), p. 112

A pesar dos combates, considérase que conseguiu dominar a situación co mínimo de destrución e violencia, actitude que lle valeu ataques de ambos os bandos: da dereita e dalgúns sectores militares por unha banda e dos insurrectos por outro (durante a guerra, a familia de Batet, profundamente católica, sufriu persecución, ata que por intermediación de Josep Tarradellas, amigo de Batet, puido fuxir a Francia). Pola súa participación na restauración da orde obtivo a Cruz Laureada de San Fernando.

En marzo de 1935, Batet foi nomeado Xefe do Cuarto Militar do Presidente da República, Niceto Alcalá-Zamora. O 13 de xuño de 1936 cesou, a petición propia e foi designado xeral en xefe de VI División Orgánica de Burgos.Gaceta de Madrid: Diario Oficial de la República núm. 166, del 14 de junio de 1936

Guerra civil española Durante os preparativos da sublevación levados a cabo por diversos sectores militares, tomou unha postura contraria e o 16 de xullo de 1936 entrevistouse por propia iniciativa, no mosteiro de Irache, co seu subordinado, amigo e un dos principais conspiradores, o xeneral Emilio Mola, comandante militar de Pamplona. Alí tratou de pescudar si Mola estaba implicado na conspiración e mesmo chegou a pedirlle a súa palabra de honra de que non participaría na sublevación que Mola, efectivamente, lle deu.Jackson 1985, p. 214 Crendo na palabra de Mola, o 18 de xullo Batet non accedeu á petición do coronel Moreno Calderón, o seu xefe de Estado Maior (e posterior integrante da Xunta de Defensa Nacional), de porse á fronte da sublevación da súa División Orgánica. Por iso, na noite do día 18, foi detidoPayne (1968), p. 301 polos seus subordinados, o tenente coronel José Aizpuru Martín-Pinillos e o comandante Antonio Algar Quintana.

Condenado á morte en consello de guerra —presidido polo xeneral Ángel García Benítez—, foi fusilado o 18 de febreiro de 1937. Malia as xestións que no seu favor levaron a cabo os xenerais Queipo de Llano e Cabanellas,Cabanellas (1977), p. 415 Franco fixo caso omiso das peticións de Queipo de Llano en favor do seu amigo Batet, en vinganza pola negativa de Queipo a perdoar a vida do xeneral Campins.Preston 1999, p. 212 Cómpre indicar que tivo que ser condenado a dúas penas de morte, dado que se fose só unha podería ser indultado, pero con dúas, non.

Vida persoal Casou o 15 de abril de 1901 con Elvira Martínez de Larrea, unha rapaza de Vitoria, moi católica e con familia vencellada a varios xesuítas vascos.Raguer Suñer (1994), p. 49 Tivo dous fillos: Domingo (nado en 1903 ou 1904) e Elvira (1910). O fillo, afiliouse a Falange e a diversos grupos anticatalanistas.Raguer Suñer (1994), p. 50

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Lista de xenerais en activo do Exército español en xullo de 1936 Proclamación do Estado Catalán en outubro de 1934

Categoría:Nados en Tarragona Categoría:Nados en 1872 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Fusilados Categoría:Asasinados polo bando nacional Categoría:Militares da guerra civil española leais á República