Billete de 5 eurosPrimeira serie (2002-2011)"5 Euro 2002 Series". Numista.com300x300pxAnverso300x300pxReversoSegunda serie (desde 2013)"5 Euro Europa Series". Numista.com300x300pxAnverso300x300pxReverso Valor: 5 euros. Territorio: 20px Eurozona. Cor: gris azulada. Temática: arquitectura clásica. Deseñador: Robert Kalina (1ª serie) e Reinhold Gerstetter (2ª serie). Data do deseño: 1998 (1ª serie) e 2013 (2ª serie). Datas de emisión: desde 2002. Longo: 120 mm. Alto: 62 mm. Material: fibra de algodón.

O billete de 5 euros é o billete da serie do euro co valor facial máis baixo, posto en circulación desde a introdución do euro como moeda da Eurozona en 2002.

Este billete utilízase nos 25 países que teñen o euro como moeda única, cunha poboación de arredor de 343 millóns de persoas. En decembro de 2022, había uns 2.124.000.000 billetes de 5 euros en circulación na Eurozona. É o quinto valor facial con máis presenza na circulación e representa o 7,2 % do papel moeda en uso."Euro banknotes, quantities ". European Central Bank (ECB.europa.eu).

É tamén o billete de menor tamaño do sistema, cunhas medidas de 120 × 62 mm, e a súa cor característica é gris azulada.

Os billetes de 5 euros representan en ambs as súas faces pontes e arcos ou portas da arquitectura clásica grecorromana. Conteñen ademais varios elementos de seguridade complexos, como marcas de auga, tinta invisible, hologramas e microimpresión, que acreditan a súa autenticidade.

O billete de 5 euros correspondente á segunda serie, coñecida como "Europa", foi anunciado o 3 de abril de 2013 e entrou en circulación o 2 de maio dese mesmo ano."Nota de €5 da série “Europa” entra em circulação em 2 de maio de 2013". Banco Central Europeu (ECB.europa.eu). 3 de abril de 2013.

Historia

O euro instituíuse o 1 de xaneiro de 1999, data en que se converteu na moeda de máis de 300 millóns de persoas en Europa. Durante os tres primeiros anos da súa existencia noi foi unha moeda física, xa que só se utilizaba en contabilidade. O efectivo en euros non se introduciu ata o 1 de xaneiro de 2002, cando substituíu os billetes e as moedas nacionais dos 12 países iniciais da Eurozona."A nossa moeda". Banco Central Europeu (ECB.europa.eu).

Eslovenia incorporouse á Eurozona en 2007,"Adesão da Eslovénia à área do euro". Banco Central Europeu (ECB.europa.eu). Chipre e Malta en 2008,"Cyprus and Malta: welcome to the euro area!". European Commission (Ec.europa.eu). Eslovaquia en 2009,"Slovakia joins the euro". European Commission (Ec.europa.eu). Estonia en 2011,"Adesão da Estónia à área do euro". Banco Central Europeu (ECB.europa.eu). Letonia en 2014,"Adesão da Letónia à área do euro". Banco Central Europeu (ECB.europa.eu). Lituania en 2015"Adesão da Lituânia à área do euro". Banco Central Europeu (ECB.europa.eu). e Croacia en 2023."Croatia adopts de euro". European Central Bank (ECB.europa.eu)."What is the euro area?". Economy-finance.ec.europa.eu"A nossa moeda". Banco Central Europeu (Ecb.europa.eu).

Período de transición O período de transición durante o cal os billetes e as moedas das antigas moedas se cambiaron polos do euro durou aproximadamente dous meses, desde o 1 de xaneiro ata o 28 de febreiro de 2002. A data oficial en que as moedas nacionais deixaron de ter curso legal variou dun estado membro a outro. A máis temperá foi a de Alemaña, onde o marco deixou oficialmente de ter curso legal o 31 de decembro de 2001, aínda que o período de cambio durou dous meses máis. Mesmo despois de que as antigas moedas deixaran de ter curso legal, seguiron a ser aceptadas polos bancos centrais nacionais durante períodos que oscilaron entre os dez anos e sen límite."Tenth anniversary of the euro banknotes and coins". European Central Bank (ECB.europa.eu).

Cambios de deseño Os billetes impresos antes de novembro de 2003 levan a sinatura do primeiro presidente do Banco Central Europeo, Wim Duisenberg, que foi substituído o 1 de novembro de 2003 por Jean-Claude Trichet, cuxa sinatura aparece nas emisións de novembro de 2003 a marzo de 2012. Os billetes emitidos entre marzo de 2012 e novembro de 2019 levan a sinatura do terceiro presidente do Banco Central Europeo, Mario Draghi."Notas". Banco Central Europeu (Ecb.europa.eu). Finalmente, a partir de 2019 é a de Christine Lagarde a sinatura que se amosa no anverso dos billetes de 5 euros.

Sinaturas dos presidentes do BCE

Desde xuño de 2012, as emisións deixaron de reflectir realidade xeográfica da Unión Europea, xa que non respondían á súa ampliación. Ademais, Chipre non aparece nos billetes, porque o mapa non se estende o suficiente cara ao leste, e Malta tampouco aparece porque non cumpre o tamaño mínimo da serie actual para a súa representación. En 2013, o Banco Central Europeo introduciu o billete de 5 euros da segunda serie, coñecida como "serie Europa", que reflicte xa a ampliación dos seus membros."Design elements". Fleur-de-coin.com"Euro Banknotes". Coins-world.info Esta nova versión do billete amosa un reaxuste nos motivos arquitectónicos representados no seu anverso e no seu reverso, e mantén o seu tamaño e a súa cor predominante."Notas de euro da série “Europa”". Banco Central Europeo (ECB.europa.eu).

Deseño O billete de 5 euros caracterízase pola súa cor gris azulada e, tanto o da primeira serie como o correspondente á serie Europa, ten unhas dimensións de 127 × 67 milímetros. Todos os billetes en euros representan pontes e arcos ou portas nun estilo arquitectónico diferente da historia europea, e ao de 5 euros correspondeulle a arquitectura clásica grecorromana. Aínda que os deseños orixinais de Robert Kalina pretendían amosar monumentos reais, por razóns políticas as pontes non son máis que exemplos hipotéticos da época arquitectónica."Euro banknote design exhibition". European Central Bank (ECB.europa.eu)."Money talks: the new euro cash". BBC News (News.bbc.co.uk). O mesmo sucede cos deseños de Reinhold Gerstetter para a segunda serie, a partir de 2013.

Do mesmo xeito que todos os demais billetes de euro, contén a expresión do seu valor facial, a bandeira da Unión Europea, unha representación dos territorios da UE en ultramar, as estrelas da bandeira da UE, a sinatura do presidente do Banco Central Europeo e as iniciais desa institución en diversos alfabetos utilizados nas linguas oficiais da Eurozona, e doce elementos de seguridade, que se detallan a seguir:

Elementos de seguridade miniatura|380x380px|Fío de seguridade Os elementos principais son os seguintes:"

Elementos de segurança". Banco Central Europeo (ECB.europa.eu). Un fío de seguridade, incrustado no papel do billete. Ollando contra a luz, o fío aparece como unha banda escura. O símbolo do euro (€) e o valor están incrustados no fío. Unha banda brillante, situada no reverso do billete, que amosa o número do valor e o símbolo do euro. Un holograma, cuxa imaxe parece cambiar entre o valor e unha ventá ou porta, cun fondo coas cores do arco da vella. Unha constelación EURion (tamén coñecida como os "aros Omron")."The EURion Constellation". University of Cambridge (www.cl.cam.ac.uk)."Omron Rings". En Glossary of banknotes (Regulaforensics.com). Trátase dun padrón de símbolos que aparece en varios deseños de billetes de todo o mundo desde 1996 aproximadamente. Engádese para favorecer que o software a detecte a presenza dun billete nunha imaxe dixital.

Tinta de cor variable, utilizada na cifra situada no reverso do billete, que parece cambiar de púrpura a marrón cando se inclina o billete.

Un número transparente impreso no recanto superior do billete, por ambas as faces, que parece combinarse perfectamente para formar o número do valor cando se olla contra a luz.

Marcas de auga que aparecen ao ollar o billete contra a luz.

Impresión en relevo na imaxe principal; as letras e os números do valor do anverso do billete, entre outros motivos, aparecen en relevo.

Tinta ultravioleta. Aplicando a luz ultravioleta, o papel en si non brilla, mais aparecen as fibras incrustadas no papel, que se colorean de vermello, azul e verde. A bandeira da UE é verde e ten estrelas laranxa; a sinatura do presidente do BCE vólvese verde; as estrelas grandes e os círculos pequenos do anverso brillan, e o mapa europeo, unha ponte e o número de valor do reverso aparecen en amarelo. Microimpresión. En varias zonas do billete hai microimpresión: por exemplo, dentro do ΕΥΡΩ (EURO en caracteres gregos) no anverso. O microtexto é nítido, non borroso.

Perforacións no holograma, que forman o símbolo do euro. Tamén hai pequenos números que indican o valor.

Unha superficie mate. O papel do billete é de algodón puro, de tacto rechiante e firme, e non brando nin ceroso. Un código de barras.

Un número de serie.

Autoridade emisora Legalmente, tanto o Banco Central Europeo como os bancos centrais dos países da zona do euro teñen dereito a emitir os sete valores faciais diferentes dos billetes en euros, mais na práctica, só os bancos centrais nacionais da zona emiten e retiran fisicamente billetes en euros. O Banco Central Europeo non ten oficina de caixa e non participa en ningunha operación de efectivo."Banknotes and coins production". European Central Bank (ECB.europa.eu).

Circulación O Banco Central Europeo vixía estreitamente a circulación e as existencias dos billetes e das moedas do sistema do euro. É labor do Eurosistema garantir unha subministración eficiente e fluída de billetes en euros e manter a súa integridade en toda a Eurozona."Banknotes and coins circulation". European Central Bank (ECB.europa.eu).

En decembro de 2022, o número de billetes de 5 euros en circulación era de 2.123.904.445, por un valor de 10.619.522.225 euros.

As cifras anuais relativas ao billete de 5 euros son as seguintes:

Billetes de 5 euros en circulaciónDataNº de billetesValor en eurosXaneiro de 20021.919.890.3279.599.451.635Decembro de 20031.218.288.8436.091.444.215Decembro de 20041.246.528.7206.232.643.600Decembro de 20051.284.662.5766.423.312.880Decembro de 20061.345.643.9946.728.219.970Decembro de 20071.421.089.8507.105.449.250Decembro de 20081.475.610.4997.378.052.495Decembro de 20091.497.585.6927.487.928.460Decembro de 20101.522.271.9597.611.359.795Decembro de 20111.545.677.3687.728.386.840Decembro de 20121.613.104.6798.065.523.395O 2 de maio de 2013 comezou a produción deste billete correspondente á nova serie Europa. Os billetes da primeira serie emitíronse conxuntamente cos da serie Europa durante algunhas semanas, ata esgotar as existencias, e logo fóronse retirando gradualmente da circulación. Ambas as series discorren, xa que logo, en paralelo, mais a proporción tende inevitablemente a unha forte diminución na primeira serie.

DataNº de billetesValor en eurosResto da 1ª serieNº de billetesValor en eurosProporciónDecembro de 20131.672.391.8588.361.959.290829.305.1094.146.525.54549,6 %Decembro de 20141.715.872.0118.579.360.055500.770.4032.503.852.01529,2 %Decembro de 20151.766.164.5608.830.822.800397.807.9511.989.039.75522,5 %Decembro de 20161.805.152.4489.025.762.240342.245.8481.711.229.24019,0 %Decembro de 20171.863.194.9839.315.974.915311.560.7981.557.803.99016,7 %Decembro de 20181.935.901.9939.679.509.965292.374.6021.461.873.01015,1 %Decembro de 20191.988.757.0049.943.785.020278.152.9311.390.764.65514,0 %Decembro de 20201.989.596.3869.947.981.930267.275.8341.336.379.17013,4 %Decembro de 20212.042.748.55710.213.742.785266.983.4501.334.917.25013,1 %Decembro de 20222.123.904.44510.619.522.225259.150.7251.295.753.62512,2 %

Seguimento de billetes