En lingua galega e portuguesa, pirola é un nome común e vulgar para o pene, órgano sexual masculino.

Pirola tamén pode referirse a:

Astronomía 1082 Pirola, un asteroide das rexións exteriores do cinto de asteroides.

Botánica Pyrola, plantas herbáceas perennes da subfamilia Pyroloideae, da familia Ericaceae. Pyroloideae foi tratada como unha familia separada, Pyrolaceae. O nome xenérico deriva do latín e significa "pequena pera", en referencia á forma das follas. En particular, pirola é nome común para a carroucha de umbela e a pyrola minor.

Medicina Pirola (COVID-19), variante da COVID-19 detectada e nomeada en agosto de 2023.

Persoas Pirola (apelido), apelido de orixe italiana. Araldo Pirola (n. 1928), futbolista italiano Giovanni Pirola (n. 1946), futbolista italiano Lorenzo Pirola (n. 2002), futbolista italiano Carlo Pirola (músico), compositor italiano Carlo Pirola (profesor), profesor do Politécnico de Milán

Véxase tamén

Pérola Pirolusita Pyrolobus Categoría:Homónimos