Olga Carmona García, nada en Sevilla o 12 de xuño de 2000, é unha futbolista española. Xoga como defensa na sección feminina do Real Madrid Club de Fútbol da Primeira División Feminina de España dende a tempada 2020-21. Tamén se desempeña en posicións de centrocampista e dianteira. Foi campioa do mundo coa Selección feminina de fútbol de España na Copa do Mundo Feminina de Fútbol de 2023.
O 27 de maio de 2023 disputou a final contra o Atlético de Madrid. Malia ir por diante no marcador, a madridista perdeu a final da Copa da Raíña nos penaltis.
É irmá do tamén futbolista Fran Carmona, membro da Unión Deportiva Las Palmas Atlético.
Traxectoria Primeiros anos Olga iniciouse con apenas sete anos no equipo masculino do seu barrio, Sevilla Este, a Agrupación Deportiva Polideportivo Sevilla Este, xusto antes de acceder ás categorías inferiores do Sevilla Fútbol Club. Debutou co equipo hispalense na Segunda División o 12 de febreiro de 2017 ante o Fútbol Feminino La Solana. Anotou un gol na vitoria por 5-0. As súas actuacións asentárona no primeiro equipo, co que logrou o ascenso á máxima categoría e ser a terceira máxima anotadora do equipo con nove goles.
A tempada da súa estrea na Primeira División feminina finalizou con cinco goles en 25 encontros, o que a converteu nunha das máis destacadas do equipo malia a súa mocidade. Amais, foi campioa tanto da categoría xuvenil como da Segunda División.
Etapa en Madrid As súas actuaciones no Sevilla FC chamaron a atención de, entre outros clubs, o Real Madrid Club de Fútbol. Tras crear o seu equipo femenino levou a cabo numerosas contratacións para a súa estrea na máxima categoría española co obxectivo de converterse nun equipo referente. Olga foi unha desas incorporacións tras finalizar o contrato co club hispalense e ser sinalada como unha destacada dianteira e promesa do campionato.
Debutou o 4 de outubro na Cidade Deportiva de Valdebebas ante as vixentes campioas do Fútbol Club Barcelona. A maior experiencia e rodaxe das catalás fixo que o partido finalizase cun 0-4 en contra. Con todo, o equipo recompúxose e encadeou bos resultados até situarse no segundo posto. Olga foi unha das destacadas, malia partir como defensa.
Marcou o seu primeiro gol co conxunto madrileño na aprazada cuarta xornada, o 9 de decembro, fronte ao Levante Unión Deportiva en Bunyol. A vitoria por 1-2, con goles de Marta Cardona e Olga Carmona, foi decisiva para colocar o equipo no segundo posto provisional da clasificación, dentro das prazas de acceso á Liga de Campións. Finalmente logrou un total de cinco goles aos que sumou cinco asistencias, que permitiron que o equipo finalizase como subcampión do campionato. Así, logrou no seu primeiro ano de vida clasificarse para a máxima competición europea.
Selección O 21 de outubro de 2021 debutou coa selección sub-23 na vitoria fronte a Italia por 1-4. Foi titular no encontro e disputou 68 minutos deste até que foi substituída por Asun Martínez. Foi tamén a estrea da citada categoría española (até entón coñecida como Absoluta Promesas), no marco dunha reestruturación das formativas españolas femininas, que pasou a contar tamén cunha categoría sub-15. Dirixida por Laura del Río, foi estabelecida para dar cabida ao extenso número de xogadoras seleccionábeis.
Olga debutou na uns meses antes, o 13 de abril. Foi aos poucos contando con participación até chegar a ser unha das seleccionadas para a Eurocopa 2022.
Proclamouse campioa del mundo o 20 de agosto de 2023, en que anotou o gol da vitoria ante Inglaterra.
Palmarés
Títulos nacionais Nota: carácter rexional e/ou fútbol base. TítuloClubAnoCampionato de Liga (Xuv.)Sevilla F. C.2017Grupo de Liga (2.ª)Sevilla F. C.2017
Títulos internacionais Nota *: incluíndo a selección. TítuloEquipo *AnoEuropeo (sub-19)España2018
Notas
Categoría:Nados en Sevilla Categoría:Xogadoras do Real Madrid CF Feminino Categoría:Nados en 2000 Categoría:Xogadoras da selección de fútbol de España