miniatura|Kaepernick xogando cos San Francisco 49rs.|335x335px Colin Rand Kaepernick, máis coñecido como Colin Kaepernick, nado o 3 de novembro de 1987, é un xogador profesional de fútbol americano na posición o cargo de quarterback, axente libre da National Football League (NFL) e activista polos dereitos humanos e contra a segregación racial.

Traxectoria Kaepernick é fillo de Heidi Russo, que tiña 19 anos cando o deu a luz. O seu pai biolóxico, afroamericano, desapareceu antes de nacer. Russo deu o seu fillo en adopción a Rick e Teresa Kaepernick, unha parella "branca" que tiña dous fillos (Kyle e Devon) e quería un neno despois de perder outros dous por unha enfermidade cardíaca conxénita. Kaepernick converteuse no menor de tres irmáns. Viviu en Fond du Lac, Wisconsin, até os catro anos, e foi ao instituto en Turlock, California.

Carreira Na adolescencia destacou como xogador de béisbol, e tivo ofertas para xogar nas grandes ligas, tal como el mesmo relata na miniserie biográfica Colin in Black & White, emitida en Netflix desde 2021, pero rexeitounas para xogar ao fútbol americano.

San Francisco 49ers O 29 de abril de 2011, os 49ers de San Francisco cambiaron cos Denver Broncos décimo terceiros na segunda rolda (escolla 45) para seleccionar a Kaepernick como a cuarta elección na segunda rolda (escollida 36) no 2011. Os Broncos recibiron as seleccións 45, 108 e 141, a cambio da selección número 36.

Super Bowl Cos 49ers, Kaepernick gañou 2 títulos de división, 1 campionato da NFC e xogou na Super Bowl XLVII, onde perderon ante os Baltimore Ravens por 34-31, no que tivo un touchdown de 15 iardas.

Récords da NFL

O touchdown por carreira máis longo dun quarterback nun Super Bowl: 15 yardas (Super Bowl XLVII vs. Baltimore Ravens) Máis yardas terrestres por un mariscal de campo (quarterback) nun xogo: 181 yardas (Playoffs vs. Green Bay Packers)

Vida persoal Kaepernick é cristián, bautizado no rito metodista, con confirmación luterana, e asistiu a unha igrexa bautista durante os seus anos universitarios. Desde xullo de 2015 saíu coa presentadora Nessa Diab, oficializando a relación en febreiro de 2016. A parella tivo o seu primeiro fillo en 2022.

Segue unha dieta vegana desde finais de 2015.

En 2016, fíxose famoso por axeonllarse durante a interpretación do himno estadounidense nun partido oficial da liga, en protesta pola violencia contra a poboación negra. O feito foi criticado varias veces por Donald Trump. Pouco antes, participou en Know Your Rights Camp, unha campaña dirixida á mocidade co propósito de aumentar a conciencia sobre a educación superior, a alfabetización financeira e como interactuar coas forzas da orde. A declaración de dereitos é unha adaptación do Programa de 10 puntos do Black Panther Party. A consecuencia diso, ficou sen equipo para xogar na NFL desde 2017.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Colin in Black & White Black Lives Matter

Categoría:Xogadores de fútbol americano Categoría:Actores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Activistas dos Estados Unidos de América