The Marvelous Mrs. Maisel é unha serie de televisión de comedia e drama creada por Amy Sherman-Palladino, a cal se estreou en Amazon Prime Video o 17 de marzo de 2017. Está ambientada na cidade de Nova York nas décadas de 1950 e 1960, con algúns "saltos" a décadas posteriores na derradeira tempada, e está protagonizada por Rachel Brosnahan no papel de Miriam "Midge" Maisel, unha ama de casa que descobre o seu talento para a comedia e comeza unha carreira profesional neste campo. O resto do elenco está composto por Alex Borstein, Michael Zegen, Marin Hinkle, Tony Shalhoub, Kevin Pollak, Caroline Aaron, Jane Lynch e Luke Kirby. O episodio piloto recibiu a aclamación da crítica e a serie foi recollida por Amazon Studios. A quinta e derradeira tempada estreouse o 14 de abril de 2023, e rematou o 26 de maio de 2023.

Personaxes miniatura|esquerda|Rachel Brosnahan, quen interpreta o papel de Midge Maisel. Rachel Brosnahan como Miriam "Midge" Maisel Alex Borstein como Susie Myerson Michael Zegen como Joel Maisel Marin Hinkle como Rose Weissman Tony Shalhoub como Abraham "Abe" Weissman Kevin Pollak como Moishe Maisel Caroline Aaron como Shirley Maisel Jane Lynch como Sophie Lennon Luke Kirby como Lenny Bruce Reid Scott como Gordon Ford Alfie Fuller como Dinah Rutledge Jason Ralph como Mike Carr

Notas

Categoría:Series de televisión iniciadas en 2017 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2023 Categoría:Series de televisión ambientadas na década de 1960 Categoría:Series de televisión ambientadas na década de 1950 Categoría:Series de televisión de Prime Video