Os ascensores de Txurdinaga-Basarrate son dous ascensores situados na rúa Marqués de Laurencín, en Bilbao.
Historia O Concello de Bilbao inaugurounos o 12 de decembro de 2018. Estes ascensores inclinados conectan en Santutxu o polideportivo de Txurdinaga coa parque de Basarrate e salvan a diferenza de altura entre as rúas Cocherito de Bilbao e Iturriaga:
O ascensor superior inicia o percorrido na rúa Iturriaga. Chega até a intersección da rúa Marqués de Laurencín coa rúa Guinea Anselmo Pintor. Conta cunha parada intermedia. O ascensor inferior sitúase do lado dos números impares da rúa Guinea Anselmo Pintor, no cruzamento coa rúa Marqués de Laurencín, até o cruzamento coa rúa Cocherito de Bilbao.
Medios de transporte Xunto o ascensor superior atópanse o elevador e o acceso principal á estación de Basarrate do Metro de Bilbao.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Ascensor de Begoña
Funicular de Artxanda Ascensor de Iturribide-Zabalbide
Categoría:Transporte en Bilbao Categoría:Ascensores