A Glaucopsyche melanops é unha especie de bolboreta da familia Lycaenidae. Pode atoparse na parte occidental de Europa meridional e no norte de África.

Descrición A lonxitude das súas ás dianteiras é de entre 11–13 mm. A bolboreta voa de maio a xullo dependendo da localización. Habita en claros de bosques, dispersos e moi expostos ao sol.

As larvas aliméntanse de plantas da familia Fabaceae. As eirugas consomen tanto as flores como as sementes.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Bolboretas de Europa

Categoría:Lepidópteros de Europa Categoría:Bolboretas de Galicia Categoría:Animais descritos en 1828