Israel "Isra" Pérez Buján, nado na Coruña o 28 de maio de 2000, é un futbolista galego que xoga como lateral dereito no AD Unión Adarve, da Segunda División RFEF. É irmán xemelgo do tamén futbolista Álex Pérez, xogador do Racing Vilalbés.

Traxectoria Formouse como futbolista na canteira do Ural, conseguindo o ascenso á Liga Nacional Xuvenil na tempada 2016/17. En 2018 fichou polo equipo xuvenil do Deportivo da Coruña, co que xogou 24 partidos na División de Honra, nos que marcou 5 goles.

Para a tempada 2019/20 foi cedido xunto ao seu irmán ao Arzúa, co que debutou na Terceira División. Foi titular en case todos os partidos da histórica campaña, a primeira do club na categoría, que acabou na sexta posición da táboa. De regreso na Coruña, pasou a formar parte do Fabril, tamén en Terceira. Co filial do Deportivo, disputou 8 partidos, 5 deles como titular. En decembro debutou co primeiro equipo do Deportivo, durante a disputa da 75ª edición do Trofeo Teresa Herrera ante un combinado coruñés.

No verán de 2021 asinou como novo xogador do Ourense CF, da Terceira RFEF. Titular na banda dereita do equipo azul, conseguiu o ascenso á Segunda División RFEF na súa primeira campaña, despois de derrotar na promoción a Fabril, Barco e Llerenense. Na tempada 2022/23 disputou 25 partidos en Segunda RFEF, marcando un gol ante o Rayo Cantabria.

Para a tempada 2023/24 fichou polo Bergantiños, equipo que viña de descender á Terceira División RFEF.

Vida persoal Mantén unha relación sentimental coa futbolista internacional Athenea del Castillo, campioa do mundo coa selección española, á que coñeceu mentres ela defendía a camiseta do Deportivo da Coruña Feminino e el a do Fabril.

Notas

Categoría:Nados en 2000 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Futbolistas da Coruña Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do CSD Arzúa Categoría:Xogadores do Deportivo Fabril Categoría:Xogadores do Ourense CF Categoría:Xogadores do Bergantiños FC Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes