Nimona é un filme de animación estadounidense de 2023 dirixido por Nick Bruno e Troy Quane. Baséase na novela gráfica homónima de 2015 de ND Stevenson. Ambientada nun mundo de ciencia ficción fantástico influenciado pola Idade Media, o filme conta coas voces de Chloë Grace Moretz como personaxe principal e Riz Ahmed como Ballister, con Eugene Lee Yang e Frances Conroy interpretando papeis secundarios.
Nimona tivo a súa estrea mundial no Festival Internacional de Cine de Animación de Annecy o 14 de xuño de 2023, estreouse en cinemas seleccionados o 23 de xuño de 2023 e debutou en streaming o 30 de xuño de 2023 en Netflix, onde conta con versión dobrada e subtitulada ao galego. A película recibiu críticas moi positivas da crítica, que eloxiou a súa animación, a temática, o humor, as personaxes, a música e as interpretacións de dobraxe (particularmente a de Moretz e Ahmed).
Dobraxe Personaxe Dobraxe orixinalDobraxe en galego Nimona Chloë Grace MoretzMontserrat DavilaBallister BoldheartRiz AhmedAndrés BellasAmbrosius Carrelo DouradoEugene Lee YangJosé Ignacio BaliñoDirectoraFrances ConroyIsabel VallejoRaíña ValerinLorraine ToussaintThoddeus SurebladeBeck BennettJuan MirandaNate KnightRuPaul CharlesAlamzapam DavisIndya MooreDiego o escudeiroJulio TorresJulio LorenzoCoriander CavaverishSarah ShermanGlorethKaren RyanGloreth de pequenaCharlotte AldrichSyntheyaCindy SlatteryAnalista do institutoSommersill TarabekPatineceLylianna Eugene
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming
Ligazóns externas Avance do filme en galego
Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes de animación Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes sobre temática LGBT dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de fantasía Categoría:Filmes ambientados no futuro Categoría:Filmes de Annapurna Pictures Categoría:Filmes de Netflix Categoría:Filmes dirixidos por Nick Bruno Categoría:Filmes dirixidos por Troy Quane Categoría:Filmes de 2023 con versión en galego