A Autoridade Provisional das Nacións Unidas en Camboxa (en ) foi unha misión de pacificación das Nacións Unidas realizada en Camboxa entre 1992 e 1993. Formouse a raíz dos Acordos de Paz de París de 1991. Esta foi a primeira ocasión na que as Nacións Unidas asumiron directamente a responsabilidade da administración dun estado absolutamente independente (a ONU asumiu a administración do antigo territorio neerlandés da Nova Guinea Neerlandesa entre 1962 e 1963 anteriormente), no canto de simplemente supervisar a zona. A autoridade de transición da ONU organizou e dirixiu eleccións, tiña a súa propia estación de radio e cárcere, e era responsable de promover e salvagardar os dereitos humanos a nivel nacional.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de territorios gobernados polas Nacións Unidas Ligazóns externas Records of the United Nations Transitional Authority in Cambodia (UNTAC) (1992-1993) at the United Nations Archives Untac.com: UNTAC website

Categoría:Historia de Camboxa