María Ángeles Tilve Jar, nada en Pontevedra o 2 de xullo de 1961, é conservadora de arte galega.

Traxectoria É licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, especializada en Arte Moderna e Contemporánea. A súa tese de licenciatura titulouse Aportación ó estudio histórico-artístico de Arciprestazgo de Arousa (siglos XVI-XX).

Ten publicado artigos en numerosos catálogos, libros e revistas, especializándose en pintura galega e española dos séculos XIX e XX. Foi comisaria de varias exposicións, coma a Castelao en Europa. El viaje de 1921 e realizou labores de documentación, coordinación, secretaría e asistencia técnica en múltiples exposicións.

Desde 1987 ata 2023 traballou no Museo de Pontevedra como conservadora de fondos xerais e responsable da área de Coleccións. En setembro de 2023 foi nomeada Directora do Museo de Pontevedra, a primeira muller con este cargo na historia do centro, substituindo a José Manuel Rey García. O nomeamento, en particular o xeito no que se produciu, provocou a dimisión do Consello Asesor o 28 de setembro de 2023. En novembro de 2025 foi confirmada como directora titular.

En 2016, xunto con José Manuel Castaño, identificou na casa da familia Domínguez Lino os orixinais do Álbum Nós de Castelao, que foron adquiridos e pasaron ao fondo do Museo.

Obras Traballos na rede:

Interior de la Fábrica de Tabacos de Sevilla. Un estudio de Gonzalo Bilbao para "Las cigarreras" en el Museo de Pontevedra, 2013 Demetrio Durán Hermida y el Carnaval de 1900 en Pontevedra, 2013 "El Tributo al César" de Michiel Coxcie en el Museo de Pontevedra, 2013 "En el locutorio" de Luis Menéndez Pidal y el Apostolado de Oviedo de El Greco, 2014 Pedro Antonio Villahermosa y Borao, Sileno, en la colección del Museo de Pontevedra, 2018 LAS COLECCIONES Y LOS MUSEOS DEL EXILIO, 2021, varios autores

Notas

Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Historiadores da arte de Galicia Categoría:Nados en 1961 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Directores do Museo de Pontevedra