A tempada 1991-1992 da Naisten SM-sarja foi a décima tempada da máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés. Un total de oito equipos tomaron parte na competición.
Ao final da tempada o Ilves de Tampere conseguiu o sétimo título da súa historia logo de impoñerse ás Shakers de Kerava nas finais (2-0).
Estrutura da tempada A competición constou dunha liga regular a dobre volta na que cada equipo disputou un total de 14 encontros. O sistema de puntuación concedeu dous puntos pola vitoria, un polo empate e o equipo perdedor non sumaba ningún punto.
Os catro mellores equipos da liga regular clasificáronse para as semifinais, que se xogaron en series ao mellor de tres encontros, os gañadores de cada unha das dúas series disputaron as finais, tamén ao mellor de tres encontros, mentres que os outros dous equipos xogaron un partido para decidir a medalla de bronce do campionato finés.
Equipos participantes Na tempada 1991-92 participaron un total de oito equipos, un máis que na tempada precedente logo do ascenso do Ketterä de Imatra
NomeCidadeEKS EspooIlves TampereKalPa KuopioKetterä ImatraSaiPa LappeenrantaShakers KeravaTPS TurkuÄssät Pori
Liga regular Ao final da liga regular o Ilves de Tampere finalizou na primeira posición con 26 puntos logo de gañar 12 partidos e empatar dous. O equipo de Tampere foi tamén o máis goleador con 114 goles a favor e o menos goleado logo de encaixar tan só 6 goles. Por contra o SaiPa de Lappeenranta foi o equipo que menos goles anotou (13), e as Ässät de Pori foron o equipo máis goleado (76).
Clasificación Pos. Equipo PX V E D GF GC DG Pts1Ilves 14 12 2 0 114 6 +108 262Shakers 14 10 2 2 96 19 +77 223EKS 14 11 0 3 58 19 +39 224KalPa 14 3 4 6 23 60 -37 105Ässät 14 4 2 8 24 76 -52 106TPS 14 4 1 9 22 59 -37 97Ketterä 14 3 2 9 20 70 -50 88SaiPa 14 0 3 11 13 62 -49 3
Líderes de anotación A xogadora do Ilves Anne Nurmi foi a máxima puntuadora da liga regular, rexistrando 31 puntos en 14 partidos. Ihalainen foi a máxima goleadora con 23 goles, mentres que a líder en asistencias foi Marianne Ihalainen (Ilves) con 19. Anne Haanpää, tamén do Ilves, foi a xogadora máis penalizada cun total de 37 minutos de penalización.
XogadoraEquipo1Anne NurmiIlves1423831122Marika LehtimäkiIlves1418112943Tiia ReimaIlves1420828104Johanna IkonenShakers1416122825Marianne IhalainenIlves14919284
Play-offs
Partido polo bronce
Finais Ilves – Shakers Ilves Shakers 3–1 Shakers Ilves 4–5 O Ilves gaña as finais 2-0.
Estatísticas das series Xogadoras XogadoraEquipo1Liisa KarikoskiEKS 4 3 3 6 02Tiia ReimaIlves 4 3 3 6 23Jaana PeltonenIlves 4 4 1 5 0
Equipo campión O equipo do Ilves que conquistou o campionato finlandés feminino en 1992 estivo integrado polas seguintes xogadoras:
Campión feminino de FinlandiaIlves Porteiras: Liisa-Maria Sneck, Miia Lehtimäki
Patinadoras: Anne Nurmi, Marika Lehtimäki, Tiia Reima, Marianne Ihalainen, Tiina Pihala, Kirsi Hirvonen, Katri Niemelä, Jaana Peltonen, Sari Salmela, Sari Kustila, Tiina Koivumäki, Jenni Leinonen, Liisa Mäenpää, Sari Saha, Merja Leppänen, Jaana Rautavuoma, Maarit Rastas, Anne Kalava, Katariina Surakka </div>
Series pola permanencia Na loita pola permanencia o SaiPa descendeu de categoría, gañando a súa praza o JoKP de Joensuu. Pola súa banda, o Ketterä mantivo a categoría.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web da Naisten Liiga
1991 Categoría:Hóckey sobre xeo en 1991 Categoría:Hóckey sobre xeo en 1992