Helen Puputti, nada en Hollola o 14 de xullo de 1996, é unha xogadora finlandesa de hóckey sobre xeo, que xoga na posición de ala dereita. Dende a tempada 2019-20 defende as cores do Ilves de Tampere na Naisten Liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino en Finlandia, equipo no que exerce de capitá alterna.
Traxectoria Puputti debutou no Pelicans 2000 da súa cidade natal, Hollola, na tempada 2011-2012 da I-divisioona feminina, como daquela se denominaba á segunda categoría do hóckey sobre xeo feminino finés. Comezada a tempada 2014-15 no equipo de Hollola, Puputti fichou polo KJT da Naisten SM-sarja, a máxima categoría finesa, co que disputou 16 partidos de liga regular nos que anotou un gol, e cinco partidos na serie de cualificación nos que rexistrou dous puntos (1+1), axudando ao equipo a manterse na elite do hóckey feminino finés.
Helen Puputti xogou as seguintes tres tempadas no Brynäs IF da Svenska damhockeyligan, a liga profesional feminina de Suecia. Co equipo de Gävle xogou 106 partidos de liga regular, e seis nos play-offs. En Suecia tan só rexistrou oito puntos, 6 (3+3) na tempada 2016-17 e 2 (2+0) na tempada 2017-18, mais non conseguiu sumar ningún punto nas tres veces que o seu equipo se clasifico para as series polo título.
Na tempada 2018-19 regresou a Finlandia da man do KJT antes de asinar polo Ilves a tempada seguinte, onde foi nomeada capitá alterna na súa segunda tempada e exerceu de capitá na tempada 2022-23 logo da lesión de Jenna Lehtiniemi.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ilveksen hyökkääjä Helen Puputti: ”Kauden tavoite on voittaminen”, entrevista a Helen Puputti na canle de YouTube da Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo
Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados na rexión de Päijänne Tavastia Categoría:Xogadoras do Pelicans Naiset Categoría:Xogadoras do Brynäs IF Dam Categoría:Xogadoras do KJT Haukat Categoría:Xogadoras do Ilves Naiset