Brintesia circe é un lepidóptero ropalócero da familia Nymphalidae.Tolman (2011)
Distribución Distribúese polo centro e sur de Europa (incluíndo as illas de Córsega, Sardeña, Sicilia, Thasos e Lesbos; ausente nas Baleares), Turquía, Irán e até o Himalaia. Na Península Ibérica atópase por todas partes exceptuando a costa cantábrica.
Taxonomía Na Península Ibérica as poboacións pertencen á subespecie Brintesia circe hispanica, Spuler, 1908.Hugo Mortera Piorno, Mariposas de Asturias, ISBN 978-84-8367-080-4
Descrición Pódese confundir con Hipparchia fagi e Hipparchia alcyone, pero pódese diferenciar facilmente grazas á mancha branca na zona discal do reverso das ás posteriores.
Hábitat Normalmente habita zonas secas, arbustivas e con herba. A eiruga aliméntase de gramíneas tales como Bromus, Festuca, Brachypodium phoenicoides, Carex, etc.
Período de voo Voa nunha soa xeración entre comezos de xuño e mediados de setembro, segundo a localidade.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Asturnatura (castelán)
Categoría:Lepidópteros de Europa Categoría:Bolboretas de Galicia