Libythea celtis é unha especie de lepidóptero ropalócero da familia Nymphalidae.Biodiversidad VirtualEuropean Butterflies (
Distribución Atópase ao norte de Alxeria e Tunisia, sur de Europa, Turquía, centro e noroeste de Asia até o Xapón e illa de Taiwan.Matt Rowlings
Na Península Ibérica é moi esporádica e rara, aínda que é máis frecuente nos Pireneos. Ausente nas Baleares. As poboacións europeas e africanas viven entre os 400 e os 1500 m s. n. m.Tolman esquerda|miniatura|Lodoeiro (Celtis australis), principal planta nutricia da eiruga.
Hábitat Preferentemente áreas abertas e arbustivas con árbores caducifolias dispersas e non moi grandes. A eiruga aliméntase de lodoeiro (Celtis australis); en puntos do sueste de Europa, onde esta planta é escasa, podería utilizar outras especies do xénero Celtis, feito confirmado con Celtis caucasica no noroeste de Asia.Tolman
Período de voo e hibernación Hibernan como imago nos arbustos, cousa útil, posto que en repouso aseméllanse a unha folla seca, imitan mesmo o pecíolo, grazas aos seus palpos prominentes.
Os primeiros individuos obsérvanse entre marzo e abril, e a súa descendencia emerxe entre xuño e agosto. A especie é univoltina.Tolman
Comportamento A mediados ou finais de verán, algúns individuos dispérsanse en áreas moi extensas para colonizar novas zonas (chegouse a observar exemplares divagantes a uns 2300 m).Tolman
Os adultos adoitan tomar o sol coas ás abertas sobre as árbores; en cambio, cando baixan a terra non adoitan abrir as ás. Os machos acabados de emerxer ás veces concéntranse en bebedoiros como charcos.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Lepidópteros de Europa Categoría:Lepidópteros de Asia Categoría:Bolboretas de Galicia