Pyrgus malvoides é un lepidóptero ropalócero da familia Hesperiidae.
Descrición Ten unha envergadura de entre 24 e 26 mm.
Distribución Atópase na Península Ibérica (España e Portugal), oeste e sur da Francia continental (ao sur, a partir dunha liña que une o departamento francés de Charente Marítimo, o Macizo Central e Alta Savoia), sueste de Suíza (sur de Engadina), suroeste de Austria (sur de Innsbruck) e Italia, incluíndo a península de Istria e Sicilia.Pyrgus Malvoides Pytgus malvoides
Ausente nas illas Baleares, Córsega e Sardeña.Tolman, Tom; Lewington, Richard. Mariposas de España y Europa (en castelán). Lynx, 2011. ISBN 978-84-96553-84-2.
Período de voo Voa en dúas xeracións: a primeira, entre abril e xuño, e a segunda, entre finais de xullo e agosto; a grande altitude só hai unha, en xuño-xullo.Tshikolovets, Vadim V. Butterflies of Europe & the Mediterranean area (en inglés). Tshikolovets Publications, 2011. ISBN 978-80-904900-0-0.
Bioloxía A eiruga aliméntase de Potentilla (especialmente, de Potentilla pensylvanica e Potentilla erecta), Agrimonia e Fragaria. Hiberna como pupa.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Catalan Butterfly Monitoring Scheme (catalán) Biodiversidad Virtual (castelán)
Categoría:Fauna endémica de Europa Categoría:Lepidópteros de Europa Categoría:Bolboretas de Galicia