Paula Chaves, coñecida polo seu nome artístico Pauliña, nada en Cambados en 1995, é unha cantante, compositora e actriz galega.
Traxectoria Empezou a cantar e compoñer xa de nova en Cambados e arredores, despois marchou unha tempada a Inglaterra en Eastbourne onde tamén continuou a súa carreira musical. Volveu tempo despois a Galiza onde se aveciñou en Santiago de Compostela, na capital conseguiu subirse aos escenarios xunto a Vituco Neira (Ruxe Ruxe), Fosi (DeLombaos) ou Zënzar. Cando xa comezaba a ter éxito nas redes sociais a banda NAO propúxolle colaborar no seu disco Cartas no caderno que a levou a tocar con eles en grandes festivais. Despois de marchar a Ourense por motivos laborais, en 2018 lanzou o seu primeiro disco De-Xeneración coa discográfica Xonix Records e a finais dese mesmo ano lanzou o EP Decideu non ser de ninguén, no que colaborou con Valtònyc.
Tras o éxito dos primeiros proxectos, no 2020 lanzou o seu segundo disco A Malfalada, mesturando o country coa música folk, rock e o blues, en colaboración cunha banda de músicos veteranos formada por: Iago Jorge (batería), Lolo Arincón (baixo), Paco Montoto (teclado) e Julián Gullón (guitarra).
No 2022 actuou na película de Ángel de la Cruz, O home e o can, na que tamén é a autora da canción orixinal.
Discografía Álbums De-xeneración (2018) A Malfalada (2020) Testemuñas (2021), con O Leo de Matamá en Rexurdimento, con High Paw en Noite en Compostela, con Nee Barros en O mesmo Mal, con Kumpania Algazarra en Revolta Eterna e con Fosi en Pasa de Min. Galego is not dead (2024)
Sinxelos
Decideu non ser Ninguén (2018), con Valtònyc en Eu vin o mar Chorar. Alma guerrera, ni una menos (2020), con Boikot Que o demo me leve (2021) 25 anos Ruxindo - Tributo a Ruxe Ruxe Tan Tan (2022) BSO de O home e o can El País del Miedo (2022), con Los Chikos del Maíz. Como Elisa e Marcela (2023), con Berlai Motor (2023), con Guezos Xa sei (2023), con Eris Mackenzie.
Actriz O home e o can (2022), de Ángel de la Cruz. Amor a un clic (2023) TVG. Non saímos do lixo (2024), de Denny Horror e Marcos Paino para KK-tv
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Entrevista en Amovida, 2020
Categoría:Cantautores
Categoría:Cantantes de Galicia Categoría:Cantantes en lingua galega Categoría:Grupos musicais en galego Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en Cambados