O premio Elvira Clain-Stefanelli Memorial (en inglés e formalmente Elvira Clain-Stefanelli Memorial Award for Achievement in Numismatics), é un dos recoñecementos outorgados pola Asociación Numismática dos Estados Unidos (American Numismatic Association -ANA-)."Awards Categories". American Numismatic Association.

O premio recibe o seu nome da numismática de orixe romanesa Elvira Clain-Stefanelli, fortemente vinculada á ANA e coñecida por ser a organizadora e primeira directora da Colección Numismática Nacional dos Estados Unidos, do Instituto Smithsoniano."The Rich Legacy of Elvira Clain-Stefanelli". Smithsonian Institution.

Con estre premio recoñécense desde 2013 as mulleres que fixeran contribucións significativas á numismática en calquera dos seus ámbitos, sinaladamente na erudición, o liderado e a titoría. As persoas candidatas deben estar vivas no momento da concesión do premio e teren unha traxectoria de polo menos quince anos, aínda que non cómpre que pertenzan á American Numismatic Association nin que estean en activo no mundo da numismática.

Galardoadas Estas son as mulleres galardoadas co premio Elvira Clain-Stefanelli desde 2013 ata a actualidade:"ANA Past Award Recipients". American Numismatic Association.

2013: Elvira Clain-Stefanelli (a título póstumo). 2014: Diane Piret."ANA's award honoring women in the hobby goes to Diane Piret". En Coin World. 29 de xullo de 2014."American Numismatic Association Announces 2014 Honorees". En Coin Week. 29 de xullo de 2014. 2015: Michele Orzano."Orzano named 2015 Elvira Clain-Stefanelli Memorial Award winner ". American Numismatic Association. 2016: Mary Counts Burleson."ANA News – Notable Numismatists Honored with Service Awards ". En Coin Week. 27 de xullo de 2016. 2017: Charmy Harker."Charmy Harker awarded Elvira Clain-Stefanelli medal by ANA". Collectors Universe. 2018: Prudence Fitts. 2019: Carrie Best."ANA Members to Receive Awards at Chicago World’s Fair of Money ". En Coin Week. 6 de agosto de 2019. 2020: Dorothy C. Baber."ANA Members Recognized at Virtual Awards Ceremonies ". En Coin Week. 10 de setembro de 2020. 2021: Ellen Feingold."ANA Honors Distinguished Numismatist with Awards". En Coins Weekly. 26 de agosto de 2021. 2022: Kay Edgerton Lenker."ANA Members Recognized for Accomplishments During World's Fair of Money". Greysheet.com 2023: Barbara J. Gregory."Barbara J. Gregory, Others Receive ANA Awards". En Coin Week. 14 de xullo de 2023. 2024: Nancy Wilson

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Elvira Clain-Stefanelli American Numismatic Association

Ligazóns externas

ANA Service Awards

Categoría:Premios de numismática Categoría:Premios dos Estados Unidos de América