O Imperio Colonial Holandés ou Imperio Colonial Neerlandés (en ), coñecido tamén como Imperio Holandés ou Imperio Neerlandés, comprendía os territorios de ultramar e os postos comerciais controlados e administrados por compañías holandesas -principalmente a Compañía Holandesa das Indias Orientais e a Compañía Holandesa das Indias Occidentais- e, posteriormente, pola República Holandesa (1581-1795), e polo moderno Reino dos Países Baixos despois de 1815. Inicialmente foi un sistema baseado no comercio que derivaba a maior parte da súa influencia da empresa mercante e do control holandés das rutas marítimas internacionais a través de postos avanzados estratexicamente situados, máis que de empresas territoriais expansivas.

O dos holandeses foi un dos primeiros imperios de Europa da Idade Moderna, despois dos da Península Ibérica, o español, o portugués e o ibérico, e unha das nacións máis ricas daquela época.

Con poucas excepcións notábeis, a maioría das explotacións no exterior do imperio colonial holandés consistían en fortes costeiros, fábricas e asentamentos portuarios con diferentes graos de incorporación das súas terras interiores e rexións circundantes. As compañías holandesas fretadas a miúdo ditaban que as súas posesións se manteñan o máis confinadas posible para evitar gastos innecesarios, e mentres algunhas como a Colonia Holandesa do Cabo e as Indias Orientais Neerlandesas se expandían de todos os xeitos (debido á presión dos colonos holandeses de mentalidade independente), outros permaneceron sen desenvolver, centros comerciais illados dependentes dunha nación anfitrioa indíxena. Isto reflectía o propósito principal do imperio colonial holandés: o intercambio comercial en oposición á soberanía sobre masas de terra homoxéneas.

As ambicións imperiais dos holandeses víronse reforzadas pola fortaleza da súa industria navieira existente, así como polo papel clave que desempeñaron na expansión do comercio marítimo entre Europa e Oriente. Dado que as pequenas empresas comerciais europeas a miúdo carecían do capital ou da man de obra para operacións a gran escala, os Estados Xerais constituíron organizacións máis grandes -a Compañía Holandesa das Indias Occidentais e a Compañía Holandesa das Indias Orientais- a principios do século XVII. Estas foron consideradas as compañías de comercio marítimo máis grandes e extensas da época, e no seu día tiñan un monopolio virtual sobre as rutas marítimas estratéxicas europeas cara ao oeste polo hemisferio sur ao redor de América do Sur a través do estreito de Magalláns, e ao leste ao redor de África, pasando polo cabo de Boa Esperanza. O dominio das empresas no comercio global contribuíu en gran medida a unha revolución comercial e a un florecemento cultural nos Países Baixos do século XVII, coñecida como a Idade de Ouro dos Países Baixos. Na súa procura de novas vías comerciais entre Asia e Europa, os navegantes holandeses exploraron e trazaron rexións distantes como Australia, Nova Zelandia, Tasmania e partes da costa oriental de América do Norte. Durante o período de protoindustrialización, o imperio recibiu o 50% dos téxtiles e o 80% das sedas importadas do Imperio Moghol da India, principalmente da súa rexión máis desenvolvida coñecida como Bengala Subah.

No século XVIII, o imperio colonial holandés comezou a declinar como resultado da Cuarta Guerra Anglo-Holandesa de 1780-1784, na que a República Holandesa perdeu algunhas das súas posesións coloniais e monopolios comerciais ao Imperio Británico, xunto coa conquista do Bengala Mogol na batalla de Plassey pola Compañía Británica das Indias Orientais. Non obstante, as grandes partes do imperio sobreviviron até a chegada da descolonización global despois da Segunda guerra mundial, é dicir, as Indias Orientais e a Güiana Holandesa (hoxe Suriname, Berbice, Caiena, Demerara, Esequibo e Pomeroon.Jones, Guno (2014). Essed, Philomena; Hoving, Isabel (eds.). Dutch Racism. Amsterdam: Rodopi B.V. pp. 315–316. ISBN 978-9042037588. Tres antigos territorios coloniais nas illas das Indias occidentais ao redor do mar Caribe -Aruba, Curaçao e Sint Maarten- seguen sendo os países constituíntes representados no Reino dos Países Baixos.

Legado miniatura| Países contemporáneos e estados federados que foron significativamente colonizados polos holandeses. Nos Países Baixos, estes países ás veces son coñecidos como verwantschapslanden (países afíns). Xeralmente, os holandeses non celebran o seu pasado imperial e a historia colonial non aparece de forma destacada nos libros escolares holandeses. Esta perspectiva sobre o seu pasado imperial só comezou a cambiar recentemente.

Nunha enquisa realizada por YouGov en marzo de 2019, o 50% dos enquisados nos Países Baixos dixeron sentir certo nivel de orgullo polo imperio colonial holandés, mentres que o 6% sentía vergoña.

No século XXI, diversas rexións do mundo, reflicten a influencia neerlandesa. A nivel arquitectónico, numerosas cidades de Indonesia, Suriname ou Suráfrica presentan edificacións e deseños urbanos que evocan o estilo típico caracterizado por frontes estreitas e alzadas, e os canais que percorren as cidades, como é o caso de Jakarta.

En canto á lingua, o afrikáans, falado en Suráfrica e Namibia, derivou do neerlandés e, aínda que evolucionou co paso do tempo, manteñen moitas semellanzas. A estrutura social e estatal tamén foi influenciada: os sistemas legais e administrativos de varias ex-colonias integran principios e estruturas herdados do dominio do imperio.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Klooster, Wim. The Dutch Moment: War, Trade, and Settlement in the Seventeenth-Century Atlantic World (2016) Klooster, Wim, and Gert Oostindie. Realm between Empires: The Second Dutch Atlantic, 1680-1815 (Cornell UP, 2018) 348 pp. online Koekkoek, René, Anne-Isabelle Richard, and Arthur Weststeijn. "Visions of Dutch Empire: Towards a Long-Term Global Perspective." Bijdragen en Mededelingen Betreffende de Geschiedenis der Nederlanden 132.2 (2017): 79–96. online Legêne, Susan. "The European character of the intellectual history of Dutch empire." BMGN-Low Countries Historical Review 132.2 (2017). online Noorlander, Danny L. Heaven's Wrath: The Protestant Reformation and the Dutch West India Company in the Atlantic World (Cornell UP, 2019). Noorlander, D. L. "The Dutch Atlantic world, 1585–1815: Recent themes and developments in the field." History Compass (2020): e12625. Panikkar, K. M. (1953). Asia and Western dominance, 1498–1945, by K.M. Panikkar. Londres: G. Allen and Unwin. Poddar, Prem, and Lars Jensen, eds., A historical companion to postcolonial literatures: Continental Europe and Its Empires (Edinburgh UP, 2008), "Netherlands and its colonies" pp 314–401.

Outros artigos Colonización neerlandesa das Américas Unión da Lingua Holandesa

Ligazóns externas

De VOCsite (en neerlandés) Dutch and Portuguese Colonial History (en inglés) VOC Kenniscentrum (en neerlandés) The Atlas of Mutual Heritage database, mostra a historia do imperio entre 1600–1800.

Categoría:Imperios desaparecidos Categoría:Holanda Categoría:Países Baixos Categoría:Estados da Idade Moderna