Ellen R. Feingold nada o 8 de marzo de 1983, é unha historiadora e numismática estadounidense, responsable da Colección Numismática Nacional dos EEUU.
Traxectoria Feingold cursou os seus estudos superiores de Historia na Universidade de Wisconsin, onde se graduou en 2005. Posteriormente acadou o seu mestrado en Economía e Historia Social (2008) e o seu doutoramento en Historia (2012) na Universidade de Oxford,Smith, P. (2012). este último cunha tese acerca do proceso de descolonización do Tribunal Superior de Tanzania."Ellen Feingold. Curator of the National Numismatic Collection ". National Museum of American History (americanhistory.si.edu).
Durante a súa etapa en Inglaterra, logo do seu doutoramento, foi conservadora do proxecto "Diñeiro en África" no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico."Ellen R Feingold". The British Museum. En 2014 foi nomeada conservadora da Colección Numismática Nacional dos Estados Unidos, adscrita ao Museo Nacional de Historia do Instituto Smithsoniano.
Recoñecementos
2021: Premio Elvira Clain-Stefanelli Memorial, da American Numismatic Association."ANA Honors Distinguished Numismatist with Awards". En Coins Weekly. 26 de agosto de 2021.
Publicacións
(2015). The Value of Money. Smithsonian Institution Scholarly Press. ISBN 978-1935623809 (2018). Colonial Justice and Decolonization in the High Court of Tanzania, 1920-1971. Palgrave Macmillan. ISBN 978-3319888231
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Smith, P. (2012). "Feingold, Ellen R.". En American Numismatic Biographies. Páxina 142.
Categoría:Nados en 1983 Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade de Oxford Categoría:Alumnos da Universidade de Wisconsin-Madison Categoría:Historiadores dos Estados Unidos de América Categoría:Directores de museos Categoría:Personalidades sen imaxes