Josefa Rodríguez Porca "Sefa", nada en Irixoa cara a 1962, é unha militante independentista galega, que foi membro do Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive. O 2 de febreiro de 1989, liderou a primeira acción terrorista do grupo que provocou unha vítima mortal, pola cal foi condenada pola Audiencia Nacional a 84 anos de cadea.

Traxectoria Foi a xefa de comando do Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive (EGPGC). En 1990, a Audiencia Nacional condenouna a 15 anos de cárcere por un atentado con coche bomba no aparcadoiro da comisaría de Ourense o 5 de xuño de 1988. O atentado provocou un ferido leve e afectou a dez vehículos.

En 1994, a Audiencia Nacional impúxolle outra condena de 84 anos polo atentado perpetrado o 2 de febreiro de 1989 na súa vila natal, en Irixoa, no cal morreu un axente da Garda Civil, Benedicto García Ruzo, e foi ferido o seu compañeiro Antonio Pérez Freire. No atentado, o comando de Rodríguez Porca secuestrou un vixilante xurado, rouboulle a arma e simulou un accidente de tráfico na estrada que une as localidades de Irixoa e Monfero. O obxectivo era chamar á Garda Civil e así facerse coas súas armas e uniformes. Cando os axentes chegaron ao lugar do presunto "accidente" arredor da unha da mañá, comezou un tiroteo, resultando na morte dun deles.El ex guerrilheiro juzgado por matar a un guardia civil dice que disparó «a ciegas» , La Voz de Galicia, 7/4/03 Nun principio, Rodríguez Porca conseguiu fuxir e agocharse durante dous días nunha toxeira xunto a outro membro do grupo, Francisco Javier Filgueira, mais finalmente foron localizados por un helicóptero da policía e foi condenada xunto con outros oito integrantes do grupo terrorista: Ramón Piñeiro Beiro, Francisco Javier Filgueira, Juan Carlos Deibe Varela, Manuel Irago Pereira, Alexandra de Queiroz Vaz Pinheiro, Francisco Xavier Niño Ricoy, Manuel Quintáns López e Eduardo Abad Loxo. En marzo de 1996, o Tribunal Supremo de España recoñeceu que a morte do garda civil en Irixoa non foi intencionada. Logo de que o Tribunal de Estrasburgo anulase a retroactividade da doutrina Parot, a Audiencia Nacional ordenou a liberdade definitiva de Rodríguez Porca o 3 de decembro de 2013.

Notas

Categoría:Nados en Irixoa Categoría:Membros do EGPGC

Categoría:Nados en 1962