Pyrgus malvae é unha especie de lepidóptero ditrisio da familia Hesperiidae que se distribúe a través da rexión paleártica excepto o extremo norte e a Península Ibérica, e cara ao leste até a China e Corea.

Descrición Co seu característico xaspeado negro e o patrón branco esta bolboreta é inconfundible, aínda que cando son vellos os individuos descoloridos poden confundirse con Erynnis tages.

Distribución e hábitat O seu hábitat principal en Gran Bretaña son as terras baixas húmidas, pero outros inclúen prados con arbustos, claros do arboredo e o hábitat artificial de terras de cultivo abandonadas. A bolboreta distribúese a través da Inglaterra meridional e central así como no País de Gales, pero declinou en varias áreas, especialmente nos hábitats máis secos.

Ciclo vital e fontes de alimentación As femias deixan postas de ovos individuais sobre especies da familia Rosaceae, normalmente Agrimonia eupatoria, Potentilla reptans e Fragaria vesca.

Outras das plantas que consomen ocasionalmente son Potentilla sterilis, Potentilla erecta, Sanguisorba minor, Rubus fruticosus, Rosa canina e Geum urbanum.

Nas plantas, as larvas crean estruturas de abrigo para usalas cando non se están alimentando. As larvas tecen casulos onde a pupa pasa o inverno, antes de emerxer na primavera seguinte. A bolboreta adulta voa de finais de abril até mediados de xuño.

Véxase tamén

Bibliografía Whalley, Paul - Mitchell Beazley Guide to Butterflies (1981, reprinted 1992) ISBN 0-85533-348-0 Jim Asher et al The Millennium Atlas of Butterflies of Britain and Ireland Oxford University Press

Ligazóns externas Grizzled Skipper page from Butterfly Conservation Brereton TM, Bourn NAD e Warren MS. Species action plan. Grizzled Skipper 1998.

Categoría:Lepidópteros de Asia Categoría:Lepidópteros de Europa Categoría:Bolboretas de Galicia