O Estadio da Alta é un estadio público situado en Cabío, na parroquia do Xobre, no concello coruñés da Pobra do Caramiñal. Dedicado principalmente á práctica de fútbol, nel xogan como locais os dous principais clubs pobrenses: o Puebla e a Crocha. Conta tamén con pista de atletismo para a práctica deste deporte, sendo utilizado habitualmente pola Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza.
Características O campo de fútbol é de herba natural, mentres que a pista de atletismo consta de 4 pistas e 6 nas rectas.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do estadio no sitio web da Federación Galega de Atletismo. Datos do estadio no sitio web da Real Federación Galega de Fútbol.
Alta Categoría:Deporte na Pobra do Caramiñal Categoría:A Pobra do Caramiñal sen imaxes Categoría:Deporte de Galicia sen imaxes