Faro de Vigo é un diario que se publica en Vigo fundado por Ángel de Lema y Marina e que pertenceu á súa familia ata 1986 cando o mercou o empresario canario Javier Moll. Ten a súa redacción en Chapela (Redondela), e é o decano da prensa galega e española. O primeiro número é do 3 de novembro de 1853 e tiña carácter bisemanal ata que en 1879 se converteu en diario. Na actualidade mantén seis edicións: Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Ourense, O Morrazo e Deza-Tabeirós-Montes alén da dixital. No ano 2005, a súa tiraxe era de 49.800 exemplares segundo a OJD.

Directores José Carvajal Pereira (1853-1861) Ángel de Lema Marina (1861-1881) Eladio de Lema Martín (1881-1928) Ángel de Lema Rubido (1928-1929) Manuel Otero Bárcena (1929-1944) Blas Agra Mancebo (1944-1949) Francisco Leal Insua (1949-1961) Manuel González Cerezales (1961-1964) Álvaro Cunqueiro (1964-1970) Manuel Santaella Pérez (1970-1975) Xosé A. Landeira Yrago (1975-1978) Xosé Armesto Faginas (1978-1986) Ceferino de Blas (1986-1994) Julio Puente (1994-2000) Pedro Pablo Alonso (2000-2006) Juan Carlos Da Silva (2006-2019) Rogelio Garrido García (dende 2019)

Imaxes de portadas significativas

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

"Faro de Vigo" (pp. 183–186) en: Vilavedra, Dolores (coord.): Diccionario da literatura galega II (Publicacións periódicas), Galaxia, Vigo, 1997, ISBN 84-8288-137-X. Outros artigos Fernando Quesada Gogue Luís Davila Ligazóns externas Faro de Vigo Editorial Prensa Ibérica

Categoría:1853 en Galicia