Elemental (subtitulado Forces of Nature nalgúns países) é un filme estadounidense de 2023 producido por Walt Disney Pictures e Pixar Animation Studios e distribuído por Walt Disney Studios Motion Pictures. Dirixido por Peter Sohn e producido por Denise Ream, foi escrito por Sohn, John Hoberg, Kat Likkel e Brenda Hsueh, con Pete Docter como produtor executivo. É o filme número 27 producido polo estudio, e conta coas voces de Leah Lewis, Mamoudou Athie, Ronnie del Carmen, Shila Ommi, Wendi McLendon-Covey e Catherine O'Hara. Ambiéntase nun mundo poboado por elementos da natureza antropomórficos, e a historia trata sobre o elemento do lume Ember Lumen (Lewis) e o elemento da auga Wade Ripple (Athie), que se coñece e namoran despois de que Wade caese por accidente nunha tenda de barrio propiedade do pai de Ember, Bernie (Del Carmen).
Personaxes
Leah Lewis como Ember Lumen Clara Lin Ding como pequena Ember Reagan To como Ember de nena Mamoudou Athie como Wade Ripple Ronnie del Carmen como Bernie Lumen Shila Ommi como Cinder Lumen Wendi McLendon-Covey como Gale Cumulus Catherine O'Hara como Brook Ripple Mason Wertheimer como Clod Ronobir Lahiri como Harold Wilma Bonet como Flarrietta Joe Pera como Fern Grouchwood Matt Yang King como: Alan Ripple Lutz Earth Pruner Jeff LaPensee como Sparkler Customer Ben Morris como Wood Immigration Official. Jonathan Adams como Flarry Alex Kapp como: Customer Delivery Person Earth Landlord P.L. Brown como Doorman
Notas
Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Peter Sohn Categoría:Filmes de Pixar Categoría:Filmes con banda sonora de Thomas Newman Categoría:Filmes sobre inmigración Categoría:Filmes sobre lumes